Conversa:Apalpador

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Non sei se é pola hora pero despois de ler o traballo de José André quédame a sensación que toda a figura do apalpador está baseada nunha soa informante, e no traballo só fai referencia a unha cántiga onde aparece o nome de apalpador. O resto non ten que ver coa figura do apalpador. Por certo o autor é etnógrafo?--RNC 23:15, 14 decembro 2009 (UTC)

Francisco Taboada Chivite, etnógrafo, rexistrou nos anos 60 do século a tradición da "noite do Apalpadoiro", que esencialmente coincide co que se conta do Apalpador. Vexa aquí o que outro especialista en mitos galegos, Antonio Reigosa, di ao respecto [1]--Rosamf 11:42, 8 febreiro 2010 (UTC)
Realmente é unha figura do Nadal galego, ou unha figura dunha zona moi concreta de Galicia?, no suposto que realmente existira, o de pandigueiro xa non digo nada xa que basear a súa existencia dunha soa persoa que chama ou que levan á Radio Galega non me parece desde logo serio.--RNC 23:18, 14 decembro 2009 (UTC)
En todo caso ten relevancia como figura actual que se está "recuperando". Iso si, o que dis ti ten que quedar claro no artigo. --Alberte Si, dígame? 16:59, 15 decembro 2009 (UTC)
Na actualidade goza dun certo desenvolvemento en toda Galicia, non pretendía poñer en dúbida iso, é tan só que o artigo se basea nun só traballo e aparentemente non hai máis nada, estaría ben que houbese referencias ás críticas (positivas ou negativas) de expertos sobre ese traballo, pero non atopei nada fóra de blogs ou novas en prensa que tan só comentan a nova acriticamente.--RNC 17:32, 15 decembro 2009 (UTC)
  • Penso que coas referencias que hai (un informante, dúas publicacións en forma de libro, máis noticia na radio e na prensa, ligazón externa) son abondas e sobra o "Cómpre referencia". --Xoán Carlos Fraga 19:38, 21 decembro 2009 (UTC)
Ese dato precisamente está mal, actualmente a súa presenza é en toda Galicia, pero do que se deduce do único traballo que hai (os outros son libros para nenos) é que é propio da Galicia oriental.--RNC 19:42, 21 decembro 2009 (UTC)
A Foliada de Folgoso pode tocala un de Vigo ou é só de Folgoso? Digoo porque, home, se nos pomos 'quisquillosos' Santa Klaus tampouco é americano, senón só neo-iorkino ou finlandés. E os de Ourense tampouco debían facer empanadas de polbo, só de porco ou lamprea. Unha cultura é un conxunto de tradicións con orixes xeográficas diversas dentro dun mesmo territorio. E se entendemos que Galiza é unha unidade cultural, rexión particular ou nación, pois o Apalpador tamén é cultura galega. Aliás existen ainda máis referencias que as que se comentaron aquí, mesmo vídeos en youtube (por exemplo, informante: Fina de Ferramulín) e outras persoas da zona a informar sobre o Apalpador en Televisión e sobre o Pandigueiro da Zona de Trives na Radio. Aliás, o feito de se daren dous mitos análogos en dous recantos afastados do País (Apalpador no Berzo e Pandigueiro na Terra de Trives) dá para sospeitar teren sido antigamente o mesmo mito e ter tido moita mais expansión do que hoxe, tendo ficado reducido despois aos lugares máis recónditos da nosa xeografía. Iso é equivalente ao que aconteceu co Olentzero basco ou o Tió catalán, que tendo un ámbito moito máis reducido do que na atualidade foron recuperados e hoxe ninguén lles discute seren figuras tradicionais do Nadal basco e catalá. Logo, non queiramos ser nós máis papistas que o Papa, penso. —o anterior comentario sen asinar foi feito por 77.208.234.125 (conversacontribucións) 26 de decembro de 2010 ás 05:45 (UTC)[responder]

Se se coloca unha ligazón a unha páxina privada (apalpador.com), penso que tamén se tiña que colocar logo a apalpador.net e apalpador.org. Saúdos. —o anterior comentario sen asinar foi feito por 188.84.17.197 (conversacontribucións) 05:45, 30 de marzo de 2011

Non entendo que carallo pinta Carlos Callón, que por riba protagoniza o rodapé por diante da propia personaxe, nunha foto da wikipedia galega a informar sobre o Apalpador (!!!). Será que non hai imaxes máis representativas da personaxe sen ter que meter merda política ou partidaria polo medio??! A final veñen ganas de non voltar a consultar a wikipedia galega nunca mais, porque con estas "magníficas" accións e actitudes sodes capaces de escarallar calquera cousa, mesmo aquelas que pretendidamente queredes defender ou promover.—o anterior comentario sen asinar foi feito por 79.145.202.226 (conversacontribucións)

  • Aínda que discordo das túas expresións, concordo en que a fotografía do Apalpador con Carlos Callón (ademais, nunha protesta político-sindical) non é a máis adecuada, cando menos non para ser empregada como imaxe principal. Elaborei unha modestísima ilustración para que, de xeito provisional, sexa a fotografía que acompañe este artigo, á espera de conseguir autorización para empregarmos na Wikipedia unha ilustración ou fotografía de calidade. --Rosamf (conversa) 5 de febreiro de 2016 ás 13:03 (UTC)[responder]
Grazas Rosamf pola ilustración. Saúdos, Elisardojm (conversa) 5 de febreiro de 2016 ás 14:26 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Apalpador. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 3 de setembro de 2018 ás 04:50 (UTC)[responder]