Conversa:Amplexo

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

wikidata[editar a fonte]

Non cres que é mellor inscribilo en wikidata xunto con en:Amplexus, que ten unha lista con máis idiomas? A wiki española penso que non está ben inscrita en wikidata, porque está soa (e agora coa galega). Penso tamén que a definición está mellor na wiki inglesa, xa que o amplexo é un abrazo (non hai coito porque as ras non teñen pene). "Acoplar" está no DRAG (agora).--Miguelferig (conversa) 20 de agosto de 2015 ás 23:47 (UTC)[responder]

Non sabía que estaba en inglés, eu fixen a tradución do castelán co Tradutor de Contido e non mirei máis, xa o cambiei, metín tamén a páxina en castelán. No artigo non se di que haxa coito, pero tes razón que hai algunha parte que non se entende ben. Agora que coñezo a versión en inglés revisarei un pouco o artigo cando teña un momento.
O de acoplar non me convence, entendo que este é un termo moi específico e que por iso non está no dicionario da RAG, a dúbida que teño é se podemos deixalo co título "Amplexo" ou se habería que cambialo a "Amplexus" como fan noutras wikis. Eu deste tema non sei gran cousa polo que estou ó que ti me digas Miguelferig, o artigo atopeino de casualidade ó propor a foto da ra :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de agosto de 2015 ás 07:52 (UTC)[responder]

Non, non dicía iso, penso que o título da páxina pode ser amplexo, tal como está, que está dentro da adaptación lóxica desa palabra ao galego (e portugués). Non obstante, na Guía de anfibios e réptiles de Galicia de Xerais usan amplexus ou aperta. O que te comentaba de "acoplar", que agora está no DRAG, non facía referencia a amplexo, senón a "axuste", que non me acaba de convencer. Acoplar é unha das palabras que antes non estaba no dicionario e que agora si (como etapa, entorno etc., polo que, por certo, habería que modificar o corrector automático da Galipedia). E o que dicía da definición, Elisardojm, é dicir, da primeira frase, era porque penso que hai que dicir desde o principio que é un comportamento reprodutor. Eu propoño unha primeira frase parecida a esta:

O amplexo (do latín amplexus, abrazo, aperta) é un tipo de comportamento reprodutor que se dá fundamentalmente nos anfibios anuros, que consiste en que o macho sobe ao dorso da femia, dándolle unha aperta, e mantense agarrado a ela ata que esta pon os ovos, momento en que o macho os fertiliza.--Miguelferig (conversa) 21 de agosto de 2015 ás 10:45 (UTC)[responder]

Vale, paréceme moi ben a túa proposta, a ver se pola noitiña podo engadilo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 21 de agosto de 2015 ás 15:26 (UTC)[responder]
Feito! Feito!, saúdos, Elisardojm (conversa) 22 de agosto de 2015 ás 01:27 (UTC)[responder]