Conversa:Alimentos trasnxénicos

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Nun tema tan polémico como o dos organismos modificados xeneticamente, hai que engadir referencias do que se afirma, cousa que ás penas se fai neste artigo, e bibliografía. Todos sabemos que hai defensores e detractores, cada un coas súas razóns, pero no artigo só se citan de pasada os argumentos a favor mentres que se desenvolven moito máis os argumentos en contra. Isto desequilibra o artigo e faino cair nunha evidente falta de neutralidade. De por parte, algunhas das críticas aquí expresadas son xa vellas e superadas pola realidade.

Outro tema é que o título do artigo (alimentos) só se corresponde parcialmente co contido. Eu proporía pasalo a organismos modificados xeneticamente, entre os que están os alimentos pero tamén moitos outras cousas (fibras téxtiles, medicamentos e mesmo seres vivos). De mante-lo título como alimentos ¿onde se describirían os outros OMG non alimentarios?

E, para rematar, non me acaba de convencer ese OMX no canto da forma usual e coñecida OMG. Por certo, que é transxénicos, con s -o que obriga a move-lo artigo á forma correcta- e que xa témo-los artigos transxénico e transxénicos, pendentes de fusión. Pedro --Lameiro (conversa) 15:48, 3 novembro 2008 (UTC)

Concordo con Lameiro, non sabia como espresalo. Polo do titulo, a ver si vamos a chegar a cinco artigos e que cada un tiré por si. Eu estou por ter un só artigo, fusionado os informes de cada outro. Non sei moito si transxénico ou transxénicos ou OMX, en ningún caso Alimentos tranxénicos. Seria partidaria de OGM ou claramente Oraganismos xéniticámente modificados, ou dise en galego, ou utilizase o sigla internacional, pero confio que outros tedes mais razóns para facer unha boa escolla de titulo. ElviraConversa comigo 16:08, 3 novembro 2008 (UTC).

Concordo con case todo. Teño a impresión, tendo en conta os perfís dos usuarios rexistrados nas últimas horas, que podería ser un traballo escolar. Así pois, extrememos a cordialidade, ;)

  • A favor de mover a Organismos modificados xeneticamente, chamados internacionalmente OGM.
  • A favor de fusionar con transxénico e transxénicos. Quen se atreve?
  • A favor de meterlle un marcador de neutralidade coma un templo... creo que amañar este artigo cae dentro do teu campo de saber, Lameiro... :) --Xabier Cid Conversa 16:27, 3 novembro 2008 (UTC)
Vexo que outras wikipedias (en español por exemplo) manteñen 2 artigos: Alimentos transxénicos e Organismo modificado xeneticamente. Penso que é o mellor, porque hai información abonda para existeren por separado e ademais non son o mesmo. Os OMX ou OXM abranguen moitos máis que os alimentos. Saúde. --Xoán Carlos Fraga 13:13, 19 de abril de 2010 (UTC)