Conversa:Aeróstato

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Untitled[editar a fonte]

Creo que a categoría aviación non é correcta aquí, a aviación fai referencia a aparellos máis pesados có aire, os aeróstatos son menos pesados có aire.--Miñato 17:36, 11 novembro 2006 (UTC)

Corrixido e mudado á categoría aeronaves.--RNC 21:08, 6 outubro 2009 (UTC)

Erro de concepción do artigo[editar a fonte]

En principio un aeróstato non ten por que ser non propulsado, de feito os dirixíbeis pertencen á categoría dos aeróstatos e van motorizados. Creo que hai un erro grave no artigo. Aeropuertos Españoles y Navegación Aeréa (AENA) - Tipos de aeronaves, aeronave. Ademais a redirección de globo a aeróstato é incorrecta, posto que non se trata do mesmo concepto. O correcto sería mudarlle o nome dende aeróstato a globo e crear outro de aeróstatos e outro de dirixíbeis. Se me decides algo podo animarme eu a facelo.--Anxogcd 18:58, 21 novembro 2009 (UTC)

Penso que se tes unha concepción clara, apoiada en fontes, do que é un aeróstato e do que non é, poderías mellorar considerablemente o artigo e se consideras que hai que reformalo e movelo de lugar e crear novos artigos por min adiante.--RNC 19:34, 21 novembro 2009 (UTC)
Ok, pois daquela cando teña tempo voulle botar unha ollada. Unha aperta! --Anxogcd 21:15, 21 novembro 2009 (UTC)

Symbol support vote.svg Concordo con Anxogcd coa incorrecta redirección de Globo a Aeróstato. Hoxe, que andaba coas diferenzas entre Globo terrestre e Globo terráqueo vin que hai máis globos, polo que abrín unha páxina de homónimos. --XoioÉche o que hai 22:20, 1 de setembro de 2011 (UTC)

  • Estou de acordo. Non debe de haber unha redirección senón homónimos. Ora ben, Xoio, non queimes as etapas, meu. Esa páxina de homónimos é mellor metela en globo a secas e non en globo (homónimos). Na medida do posíbel, debemos evitar o uso de parénteses. Así, agora temos o traballiño de mover unha a outra e paralelamente as ligazóns que foron sendo creadas a vello homónimos. En fin, que todo moi ben, pero ten paciencia para que un administrador borre no canto de facer un traballo que despois ten que ser pasado a outro sitio. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 14:56, 2 de setembro de 2011 (UTC)