Conversa:A Cova da Serpe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Untitled[editar a fonte]

Este artigo inclúe á serra e ao monte do mesmo nome nun só. Non sería mellor separalos en Serra da Cova da Serpe e Monte da Cova da Serpe e deixar esta páxina como homónimos? --Paradanta (Cóntame) 20:05, 30 de marzo de 2011 (UTC)

Symbol support vote.svg Concordo Xoacas(ti si que es lindo, ho) 23:21, 30 de marzo de 2011 (UTC)

As fontes que utilizo de referencia para a cartografía galega (Mapa de Edicións do Cumio, 2007 e Atlas Xeográfico de Galicia e do Mundo, tamén de Edicións do Cumio, 2009) empregan o topónimo de A Cova da Serpe, con artigo. En Google atopas un pouco de todo (con e sen artigo) con predominancia da súa presenza. Xa que logo, ademais de dividir o artigo en dous como dixen antes, propoño mover a páxina de homónimos de Cova da Serpe a A Cova da Serpe. Saúdos! --Paradanta (Cóntame) 21:51, 31 de marzo de 2011 (UTC)

Feito! Feito! --Paradanta (Cóntame) 19:24, 1 de abril de 2011 (UTC)