Saltar ao contido

Convento de Varnhem

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Convento de Varnhem

Tipomosteiro, ruína, atracción turística, ben cultural, patrimonio en Suecia e obra de arte relixiosa Editar o valor en Wikidata
Estiloarquitectura gótica Editar o valor en Wikidata
Material usadocalcaria Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
Propietario/aOrde do Císter Editar o valor en Wikidata
Datas
Fundación1148 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Demolición1529 Editar o valor en Wikidata
Acontecementos
1234 (Gregoriano) incendio Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 58°23′03″N 13°39′15″L / 58.3842, 13.6542
EstadoSuecia
Condadocondado de Västra Götaland
Concelloconcello de Skara Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónVarnhem (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EnderezoAxevallavägen 10, SE-532 73 Editar o valor en Wikidata
Patrimonio cultural
Monumento histórico de Suecia
Composto por
Contacto
Páxina WEBsvenskakyrkan.se… Editar o valor en Wikidata
Wikidata ] C:Commons ]

O Convento de Varnhem foi un convento na localidade sueca de Varnhem, na provincia de Västergötland.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Foi fundado arredor de 1150 por monxes cistercienses procedentes do convento de Alvastra. Na súa igrexa soterráronse varios personaxes da historia de Suecia.

O convento foi favorecido con doazóns da dinastía de Erik. En 1234 incendiouse e reduciuse a cascallos. Por iniciativa de Birger Jarl e outros nobres que decidiron financialo, procedeuse á súa reconstrución.

Coa chegada da reforma protestante a Suecia, a propiedade do convento foi confiscada en 1527. O edificio foi incendiado polas tropas danesas en 1566 durante a Guerra Nórdica dos Sete Anos. O templo foi restaurado no século XVII por decisión de Magnus Gabriel De la Gardie, quen creou un mausoleo familiar alí. A igrexa volveu ser restaurada con especial coidado entre 1911 e 1923 e entre 1921 e 1929 fixéronse escavacións nas ruínas do convento, que se retomaron nos anos setenta.

Actualmente só permanece a igrexa, mentres que o resto do convento áchase en ruínas, mais aínda así, o sitio é un atractivo turístico.

Tumbas en Varnhem

[editar | editar a fonte]