Convento de San Bieito da Guarda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Convento de San Bieito da Guarda
Datos xerais
PaísEspaña
TipoConvento
AdvocaciónSan Bieito
LocalizaciónA Guarda
Coordenadas41°54′00″N 8°52′25″O / 41.90005833, -8.87370278Coordenadas: 41°54′00″N 8°52′25″O / 41.90005833, -8.87370278
Culto
CultoCatólico
DioceseTui-Vigo
Arquitectura
Construciónséculo XVI
editar datos en Wikidata ]

O Convento de San Bieito da Guarda é un conxunto significativo, construído entre 1558 e 1561 como Mosteiro da Transfiguración do Señor.

Historia[editar | editar a fonte]

Escudo na fachada.

Foi fundado por catro irmáns, naturais do Señorío de Teáns, Salvaterra de Miño, bisnetos de Pedro Madruga: Álvaro, García, Isabel e María Ozores de Sotomayor. A carta fundacional, asinada polo nuncio de Pío IV en Portugal, é do 7 de setembro de 1561 e a inauguración foi seis anos despois, o 5 de agosto de 1567, presidida polo Bispo de Tui, Diego de Torquemada.[1]

O edificio sufriu unha reforma importante no século XVIII, a igrexa ten un retablo sinxelo, presidido polo santo, e unha portada barroca na porta norte.[2]

A comunidade de beneditinas ocupou o convento ata 1984, durante 417 anos. Desde 1990 as instalacións albergan un hotel e restaurante.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

Convento de San Bieito da Guarda.
AQUI
ESTÁ SEPUL
TADO ÁLVARO OZORES
E SOTOMAIOR FUNDADOR I PA
TRÓN DESTE MONESTERIO FA
LESCIÓ A 5 DE OCTUBRE DE 1594.
Inscrición no sepulcro de
Álvaro Ozores de Sotomayor.
  1. Miguel Villa Álvarez, Joaquín Miguel: "El Convento de Monjas Benedictinas de la villa de A Guarda" I e II, Faro de Vigo, xuño de 2015 (en castelán).
  2. Cegarra Martínez, Basilio (1999). VI. Guía e rutas da arte. Pontevedra, p. 147-148. Editorial Galaxia, Vigo.
  3. Patrimonio. Arquitectura relixiosa Arquivado 30 de xuño de 2015 en Wayback Machine. Concello da Guarda.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]