Convención de Viena sobre o Dereito dos Tratados

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Centro Internacional de Viena.

A Convención de Viena sobre o Dereito dos Tratados foi subscrita en Viena (Austria) o 23 de maio de 1969 e entrou en vixencia 27 de xaneiro de 1980.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Foi elaborada por unha conferencia internacional reunida en Viena, sobre a base dun proxecto preparado, durante máis de quince anos de traballo, pola Comisión de Dereito Internacional das Nacións Unidas. O seu obxectivo foi codificar o dereito internacional consuetudinario dos tratados e, ademais, desenvolvelo progresivamente.

Esta Convención define ao tratado como un "acordo internacional celebrado por escrito entre Estados e rexido polo dereito internacional, xa conste nun instrumento único ou en dous ou máis instrumentos conexos e calquera que sexa a súa denominación particular", xa que logo as súas disposicións son aplicables só a tratados por escrito entre Estados; quedan excluídos os que non constan por escrito e os acordos entre un Estado e outros suxeitos de dereito internacional (como as organizacións internacionais) ou entre esoutros suxeitos de dereito internacional.

Non obstante, a mesma Convención precisa que o feito non se aplique en tales casos, non afecta o valor xurídico de tales acordos, a aplicación aos mesmos de calquera das normas enunciadas nela a que estiveren sometidos en virtude do dereito internacional independentemente da Convención e a aplicación da Convención ás relacións dos Estados entre si en virtude de acordos internacionais nos que foren así mesmo partes outros suxeitos de dereito internacional.

A Convención, en canto tal non posúe efecto retroactivo, pois só se aplica aos tratados celebrados logo da súa entrada en vigor e non aos celebrados con anterioridade (sen prexuízo da aplicación de calquera normas enunciadas nela ás que estean sometidos os tratados en virtude do dereito internacional independentemente da Convención). Ademais, de acordo ao seu propio preámbulo, as normas de dereito internacional consuetudinario continúan rexendo as cuestións non reguladas nas disposicións da Convención.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]