Saltar ao contido

Convención Europea de Dereitos Humanos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Convención Europea de Dereitos Humanos
Dereito internacional dos dereitos humanos Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Composto por
Datas e cronoloxía
 Data
4 de novembro de 1950 Editar o valor en Wikidata
 Entrada en vigor
3 de setembro de 1953 Editar o valor en Wikidata
Características
 Lingua
 Depositario
Implicados
 Ratificado por
30 de novembro de 2005: Mónaco
3 de marzo de 2004: Serbia
3 de marzo de 2004: Montenegro
12 de xullo de 2002: Bosnia e Hercegovina
26 de abril de 2002: Armenia
15 de abril de 2002: Azerbaidján
20 de maio de 1999: Xeorxia
5 de maio de 1998: Rusia
5 de novembro de 1997: Croacia
12 de setembro de 1997: Moldova
11 de setembro de 1997: Ucraína
27 de xuño de 1997: Letonia
10 de abril de 1997: Macedonia do Norte
2 de outubro de 1996: Albania
16 de abril de 1996: Estonia
22 de xaneiro de 1996: Andorra
20 de xuño de 1995: Lituania
28 de xuño de 1994: Eslovenia
20 de xuño de 1994: Romanía
19 de xaneiro de 1993: Polonia
5 de novembro de 1992: Hungría
7 de setembro de 1992: Bulgaria
18 de marzo de 1992: Eslovaquia
18 de marzo de 1992: República Checa
10 de maio de 1990: Finlandia
22 de marzo de 1989: San Marino
8 de setembro de 1982: Liechtenstein
4 de outubro de 1979: España
9 de novembro de 1978: Portugal
28 de novembro de 1974: Grecia
28 de novembro de 1974: Suíza
3 de maio de 1974: Francia
23 de xaneiro de 1967: Malta
6 de outubro de 1962: Chipre
3 de setembro de 1958: Austria
26 de outubro de 1955: Italia
14 de xuño de 1955: Bélxica
31 de agosto de 1954: Reino dos Países Baixos
18 de maio de 1954: Turquía
3 de setembro de 1953: Luxemburgo
29 de xuño de 1953: Islandia
13 de abril de 1953: Dinamarca
25 de febreiro de 1953: Irlanda
5 de decembro de 1952: Alemaña
4 de febreiro de 1952: Suecia
15 de xaneiro de 1952: Noruega
8 de marzo de 1951: Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Localización
 Localización
 Coordenadas
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons

A Convención Europea de Dereitos Humanos (CEDH), en inglés European Convention on Human Rights (ECHR), foi adoptada polo Consello de Europa en 1950 e entrou en vigor en 1953. O nome oficial da Convención é Convenio Europeo para a Protección dos Dereitos Humanos e das Liberdades Fundamentais. Ten por obxecto protexer os dereitos humanos e as liberdades fundamentais, permitindo un control xudicial do respecto de devanditos dereitos individuais, e fai referencia á Declaración Universal dos Dereitos Humanos, proclamada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas o 10 de decembro de 1948.[1]

Co fin de permitir un control do respecto efectivo dos dereitos humanos, a Convención instituíu o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos (ou Corte Europea de Dereitos Humanos), efectiva en 1954, e o Comité de Ministros do Consello de Europa.

O Consello de Europa non debe ser confundido co Consello da Unión Europea, que non é unha parte comprendida na Convención (a pesar de estar adherida á Convención polo Tratado de Roma de 2004) e non ten ningún papel na administración do Tribunal Europeo de Dereitos Humanos. En tanto, a Convención exerce unha certa influencia sobre o Dereito da Unión: por exemplo, a Carta dos Dereitos Fundamentais da Unión Europea, no seu preámbulo, "reafirma [...] os dereitos recoñecidos especialmente por [...] a xurisprudencia [...] do Tribunal Europeo de Dereitos Humanos".

Dereitos que se protexen e cobertura

[editar | editar a fonte]

Os Estados que ratificaron a Convención, tamén coñecidos como "Estados Partes", comprometéronse a asegurar e garantir a todas as persoas baixo a súa xurisdición, non só aos seus nacionais, os dereitos civís e políticos fundamentais definidos na Convención.

Os dereitos e liberdades garantidos pola Convención inclúen o dereito á vida, o dereito a un xuízo xusto, o dereito ao respecto da vida privada e familiar, a liberdade de expresión, a liberdade de pensamento, conciencia e relixión e a protección da propiedade.

A Convención prohibe, en particular, a tortura e os tratos ou penas crueis ou degradantes, a escravitude e o traballo forzoso, a detención ilegal e arbitraria e a discriminación no goce dos dereitos e liberdades garantidos pola Convención.[1]

A Convención evolucionou co paso do tempo e comprende diversos protocolos adicionais. Por exemplo, o Protocolo N° 6 prohibe a pena de morte, excepto en caso de guerra.

Ratificación polos Estados da Península Ibérica

[editar | editar a fonte]

Portugal entrou no Consello de Europa O 26 de setembro de 1976, após o PREC e a aprobación da súa Constitución democrática e ratificou a CEDH o 9 de novembro de 1978, entrando en vigor nesa mesma data.[2]

España uniuse ao Consello o 24 de novembro de 1977, durante a Transición. O convenio foi ratificado por España con data 26 de setembro de 1979, publicado no Boletín Oficial do Estado de 10 de outubro de 1979[3].

Xibraltar

[editar | editar a fonte]

O Reino Unido foi o primeiro Estado-nación a ratificar a Convención, no 8 de marzo de 1951, como parte do seu compromiso de protexer os dereitos humanos no contexto europeo, despois da Segunda guerra mundial. Xibraltar segue as directrices e tratados do Reino Unido en materia de dereitos humanos, incluída a CEDH.[4]

Andorra uniuse ao Consello de Europa o 10 de novembro de 1994 e ratificou a Convención adheríndose ás normativas e proteccións establecidas polo Consello de Europa dous anos despois, en 1996.[5]

  1. 1,0 1,1 "European Convention on Human Rights - Convenio Europeo de Derechos Humanos". Council of Europe Publishing (en inglés e castelán). Consultado o 2024-08-02. 
  2. Consello de Europa (ed.). "Portugal - Department for the Execution of Judgments of the European Court of Human Rights". Consultado o 2 de agosto de 2024. 
  3. Consello de Europa (ed.). "Spain - Council of Europe". Consultado o 2 de agosto de 2024. 
  4. Gibraltar Laws (ed.). "The legal framework of Gibraltar". Consultado o 2 de agosto de 2024. [Ligazón morta]
  5. Consello de Europa (ed.). "Andorra and the European Convention on Human Rights". Consultado o 2 de agosto de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre dereito é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.