Conurbación do Delta do Río das Perlas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A Conurbación do Delta do Río das Perlas é un vasto conglomerado urbano do sur de China, que pola súa extensión, en torno ao esteiro do río Xi (das Perlas) entre Hong Kong no sueste e Macao no suroeste, e sobre todo polo seu rápido crecemento (un dos maiores do planeta en Shenzhen) está chamado a ser, se non o é xa (algúns[quen?] estudos dan a cifra de cincuenta millóns de habitantes), o maior da Terra nos anos vindeiros.

Trátase dunha rexión urbanizada con dous centros de maior importancia: ó principal é Hong Kong (Xianggang, véxase Historia de Hong Kong), porto e praza financeira de primeiro orde; ó outro é Cantón, no vértice norte do delta, capital da provincia de Guangdong e metrópole cultural histórica do sur de China. Outras cidades importantes serían as xa citadas Shenzhen, xusto ao norte de Hong Kong e que fai tres décadas era unha pequena poboación pesqueira, pero tras ser elixida coma primeira "zona económica especial" da república popular en 1980, aberta polo tanto o investimento estranxeiro, converteuse nunha metrópole que se calcula posúe entre cinco e sete millóns de habitantes (a cifra exacta é difícil de saber pois a poboación flotante é enorme); Macao (Aomen), antiga colonia portuguesa e o seu carón, polo norte Zhuhai, cidade porto que tamén experimenta un gran crecemento.

Conurbación do Delta do Río das Perlas:

  • Hong Kong (rexión administrativa especial): 7 000 000.
  • Shenzhen (municipalidade): 6 000 000.
  • Huizhou (municipalidade): 1 000 000.
  • Dongguan (municipalidade): 2 000 000.
  • AM de Cantón: 11 000 000.
  • C de Macao-Zhuhai-Zhongshan-Jiangmen: 2 300 000.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]