Consuelo García Meijide
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido Galegos, España |
Morte | 18 de xaneiro de 1948 Senra, España |
Causa da morte | execución extraxudicial |
Actividade | |
Ocupación | maquis, camareiro |
Movemento | Maquis |
Consuelo García Meijide, coñecida como Consuelo de Lata, nada en Galegos (Frades) e finada en Senra (Oroso) o 18 de xaneiro de 1948, foi unha colaboradora da guerrilla antifranquista galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Veciña da Garabanxa (Calvente), onde rexentaba unha taberna. Foi detida, torturada e asasinada pola Garda Civil o 18 de xaneiro de 1948 en Ponte Arderís (Senra), acusada de colaborar coa guerrilla dándolle acubillo á partida de Manuel Ponte Pedreira. O seu home Pedro García, tamén foi detido e estivo preso acusado de colaborar coa guerrilla.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Pedro García Barreiro, e tiña unha filla: Josefina García García
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Pazos Gómez, Manuel (2011). A guerra silenciada. Mortes violentas na comarca de Ordes 1936-1952. pp. 78–79.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Censo das mortes violentas na comarca de Ordes (1936-1952) Arquivado 03 de xuño de 2018 en Wayback Machine.