Saltar ao contido

Constantino V

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaConstantino V

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(el) Κωνσταντῖνος Ε΄ Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento718 Editar o valor en Wikidata
Constantinopla, Turquía Editar o valor en Wikidata
Morte14 de setembro de 775 Editar o valor en Wikidata (56/57 anos)
Emperador bizantino
18 de xuño de 741 – 14 de setembro de 775
← León IIILeón IV → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata
Período de tempoImperio Bizantino Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaDinastia isáurica (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeTzitzak
Maria (esposa de Constantino V)
Eudóxia (esposa de Constantino V) Editar o valor en Wikidata
FillosNicéforo (césar)
 () Eudóxia (esposa de Constantino V)
León IV
 () Tzitzak
Christophoros
 ()
Anthusa of Constantinople
 () Eudóxia (esposa de Constantino V) Editar o valor en Wikidata
PaisLeón III Editar o valor en Wikidata  e Maria (esposa de Leão III) Editar o valor en Wikidata
IrmánsAna (esposa de Artabasdo) Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Byzantium-30 Find a Grave: 42553012 Editar o valor en Wikidata

Constantino V Coprónimo ("o de nome de excremento"), nado en 718 e finado o 14 de setembro de 775, foi emperador de Bizancio de 741 a 775. Constantino foi o fillo e sucesor de León III o Isaurio.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

A Constantino opúxose o chambelán do seu pai Artabasdo, que atacou o seu exército cando estaba en campaña contra os árabes en Anatolia. Artabasdo declarou que Constantino morrera na batalla e fíxose co poder en Constantinopla- Pero en realidade, Constantino fuxiu a Isauria, reuniu aos seus seguidores e asediou a capital en 742. A finais de 743 xa recuperara a cidade e mandara cegar a Artabasdo.

Tras estes feitos, reorganizou os temas, os distritos militares do Imperio e creou novas divisións chamadas tagmata. Dispúxoas de maneira que fose máis difícil utilizalas para unha conspiración. Co exército reorganizado, en 751 recuperou territorios que estaban en mans árabes, aproveitando a guerra civil entre estes. Tamén derrotou aos búlgaros na batalla de Anchialus en 763.

Constantino continuou a política iconoclasta do seu pai León III, perseguindo activamente aos iconódulos e aos mosteiros. En 753 convocou un concilio de bispos e clero iconoclasta, un dos concilios máis pequenos xamais reunidos, para proclamar que a veneración de imaxes era unha herexía. Esta medida resultou moi impopular entre a poboación xeral. En 766 perseguiu aos monxes e monxas iconódulos, obrigándoos a uniren as súas mans no hipódromo, mentres as turbas linchaban a un eremita iconódulo chamado Estevo. Tamén proclamou que o culto ás reliquias e aos santos era herético.

Constantino morreu en setembro de 775, durante unha campaña contra os búlgaros, e os iconódulos consideraron que a súa morte foi un castigo divino. Estenderon o rumor de que cando era un bebé, durante o seu bautismo, defecara na pía bautismal, e por iso lle aplicaron o sobrenome de "Coprónimo". No século IX foi desenterrado e os seus restos guindados ao mar.

Imperio Bizantino

Segue a:
León III (emperador)
Constantino V
Precede a:
León IV (emperador)
Dinastía Isáurica