Constantino V

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Constantino V
Solidus-Leo III and Constantine V-sb1504.jpg
Nacemento xullo de 718
  Constantinopla
Falecemento 14 de setembro de 775
Causa Doenza infecciosa
Nacionalidade Imperio Bizantino
Ocupación monarca
Pai León III
Nai Maria (esposa de Leão III)
Cónxuxe Eudóxia (esposa de Constantino V), Maria (esposa de Constantino V) e Tzitzak
Fillos León IV, Anthusa of Constantinople, Nicéforo (césar) e Christophoros
Irmáns Ana (esposa de Artabasdo)
editar datos en Wikidata ]

Constantino V Coprónimo ("o de nome de excremento"), nado en 718 e finado o 14 de setembro de 775, foi emperador de Bizancio de 741 a 775. Constantino foi o fillo e sucesor de León III o Isaurio.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A Constantino opúxose o chambelán do seu pai Artabasdo, que atacou ao seu exército cando estaba en campaña contra os árabes en Anatolia. Artabasdo declarou que Constantino morrera na batalla e fíxose co poder en Constantinopla- Pero en realidade, Constantino fuxiu a Isauria, reuniu aos seus seguidores e asediou a capital en 742. A finais de 743 xa recuperara a cidade e mandara cegar a Artabasdo.

Tras estes feitos, reorganizou os temas, os distritos militares do Imperio e creou novas divisións chamadas tagmata. Dispúxoas de maneira que fose máis difícil utilizalas para unha conspiración. Co exército reorganizado, en 751 recuperou territorios que estaban en mans árabes, aproveitando a guerra civil entre estes. Tamén derrotou aos búlgaros na batalla de Anchialus en 763.

Constantino continuou a política iconoclasta do seu pai León III, perseguindo activamente aos iconódulos e aos mosteiros. En 753 convocou un concilio de bispos e clero iconoclasta, un dos concilios máis pequenos xamais reunidos, para proclamar que a veneración de imaxes era unha herexía. Esta medida resultou moi impopular entre a poboación xeral. En 766 perseguiu aos monxes e monxas iconódulos, obrigándoos a uniren as súas mans no hipódromo, mentres as turbas linchaban a un eremita iconódulo chamado Estevo. Tamén proclamou que o culto ás reliquias e aos santos era herético.

Constantino morreu en setembro de 775, durante unha campaña contra os búlgaros, e os iconódulos consideraron que a súa morte foi un castigo divino. Estenderon o rumor de que cando era un bebé, durante o seu bautismo, defecara na pía bautismal, e por iso lle aplicaron o sobrenome de "Coprónimo". No século IX foi desenterrado e os seus restos guindados ao mar.

Imperio Bizantino

Segue a:
León III, Emperador
Constantino V
Precede a:
León IV, Emperador
Dinastía Isáurica