Constantin Fehrenbach

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Constantin Fehrenbach
Bundesarchiv Bild 183-R18733, Constantin Fehrenbach.jpg
Chanceler de Alemaña
Período21 de xuño de 1920 - 10 de maio de 1921
AntecesorHermann Müller
SucesorJoseph Wirth
Datos persoais
Nacemento11 de xaneiro de 1852
 Bonndorf
Falecemento26 de marzo de 1926
 Friburgo
OrganizaciónDeutsche Zentrumspartei
Alma máterUniversidade de Freiburg im Breisgau
Profesiónavogado
RelixiónIgrexa católica
Constantin Fehrenbach signature.svg
editar datos en Wikidata ]

Constantin Fehrenbach, nado en Bonndorf (Baden) o 11 de xaneiro de 1852 e finado en Friburgo o 26 de marzo de 1926[1], foi un político alemán católico, un dos líderes principais do Partido de Centro (Zentrum), e chanceler de Alemaña entre 1920 e 1921.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi elixido presidente do Reichstag en 1918, e logo o Presidente da Asemblea Nacional de 1919 a 1920. Pola dimisión dos Socialdemócratas do goberno en xuño de 1920 como consecuencia do seu pobre resultado nas eleccións daquel ano, Fehrenbach converteuse no Chanceler de Alemaña, formando unha coalición co partido liberal de esquerda DDP e o nacional-liberal DVP. O seu goberno durou menos dun ano.

Dimite en abril de 1921, en protesta contra a avaliación das reparacións aliadas que foron anunciadas aquel mes. Fehrenbach encabezou o Partido de Centro desde 1923 ata a súa morte en 1926.

Notas[editar | editar a fonte]

Chanceler de Alemaña

Segue a:
Hermann Müller
Constantin Fehrenbach
Precede a:
Joseph Wirth
Deutsche Zentrumspartei