Saltar ao contido

Constantin Argetoianu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaConstantin Argetoianu

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento3 de marzo de 1871 (Xuliano) Editar o valor en Wikidata
Craiova, Romanía (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte6 de febreiro de 1955 Editar o valor en Wikidata (83 anos)
Sighetu Marmației, Romanía (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
41º Primeiro ministro de Romanía
28 de setembro de 1939 – 23 de novembro de 1939
← Gheorghe Argeșanu (pt) TraducirGheorghe T't'rescu →
Minister of Finance (en) Traducir
18 de abril de 1931 – 5 de xuño de 1932
← Mihai Popovici (en) TraducirGheorghe G. Mironescu (pt) Traducir →
Minister of Agriculture of Romania (en) Traducir
4 de xuño de 1927 – 9 de novembro de 1928
← Constantin Garoflid (en) TraducirIon Mihalache (en) Traducir →
Presidente do Senado da Roménia (pt) Traducir
Minister of Foreign Affairs of Romania (en) Traducir
Member of the Crown Council of Romania (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa Ortodoxa Romanesa Editar o valor en Wikidata
EducaciónFacultade de Artes de París
Facultade de Dereito de París
Paris Medical Faculty (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoNational Renaissance Front (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteBiographical Dictionary of Central and Eastern Europe in the Twentieth Century (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Constantin Argetoianu, nado o 15 de marzo de 1871en Craiova e finado o 6 de febreiro de 1955 en Sighet, foi un político romanés, primeiro ministro do seu país entre o 28 de setembro e o 23 de novembro de 1939.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo único dunha familia de ricos boiardos de Oltenia. Estudou dereito e medicina en París, secasí acabou entrando no corpo diplomático ata que en 1913 comezou a súa actividade política. Pertenceu primeiro ao Partido Conservador, co que accedeu por vez primeira ao Senado en 1914.

Foi ministro de xustiza no gabinete de Alexandru Averescu (29 de xaneiro-4 de marzo de 1918) e encabezou a delegación romanesa que negociou en Buftea as condicións para asinar un tratado de paz coas potencias centrais. Deixou o Partido Conservador para ingresar na Liga Popular fundada por Averescu e en 1920 foi ministro de xustiza e despois do interior no segundo goberno de Averescu e como tal tivo que facer fronte á primeira folga xeral na historia romanesa e ao atentado de Max Goldstein contra o Senado.[1] Declarado anticomunista, fixo redadas contra os integrantes do sector que estaba a favor de unirse ao Comitern no Congreso do Partido Socialista Romanés celebrado en maio de 1921.

Afastado de Averescu, militou no Partido Nacionalista Romanés (1925-1926) e malia ser un histórico opoñente de Ionel Brătianu acabou ingresando no Partido Nacional Liberal e nos gobernos de Barbu Știrbey (4-20 de xuño de 1927) e de Brătianu (22 de xuño- 4 de novembro de 1927) como ministro de agricultura. Partidario do príncipe Carlos, Argetoianu apoiou a "restauración” do 8 de xuño de 1930, en contraste co seu partido, que acabou abandonando. Foi ministro do interior no goberno de Nicolae Iorga (1931-1932), entrando en confrontación coa Garda de Ferro. Máis tarde fundou un pequeno partido agrario, a Unión Agraria, que liderou (1932-1938).

Constantin Argetoianu durante a súa etapa como primeiro ministro e co uniforme da FRN

Foi ministro de industria e comercio no primeiro gabinete de Miron Cristea (11 de febreiro-29 de marzo de 1938) e converteuse nun dos dirixentes da Fronte do Renacemento Nacional, o partido único creado polo rei na súa pugna coa Garda de Ferro. Durante breve tempo foi primeiro ministro logo do asasinato de Armand Călinescu en 1939. Coa abdicación do rei Carlos II e a creación do breve Estado Nacional Lexionario, dominado polo xeneral Ion Antonescu e a Garda de Ferro, Argentoianu estivo a punto de ser executado por elementos da Garda de Ferro, como fixeran con outros políticos no masacre de Jilava, mais rescatárono oficiais do exército. Tras o establecemento da ditadura militar de Antonescu e a ilegalización da Garda de Ferro en xaneiro de 1940 Argetoianu deixou a actividade política, establecéndose en Suíza en abril de 1944, volvendo en novembro coa retirada das forzas do Eixo e ao entraren as forzas soviéticas no país. Intentou mediar entre os comunistas e a oposición do Partido Nacional Campesiño, pero rexeitado por ambos, creou en 1947 o seu propio grupo, a Unión Nacional para o Traballo e a Reconstrución. Tras uns anos sen actividade política detívoo a Securitate o 5 de marzo de 1950 e morreu en prisión en 1955. Rehabilitouse publicamente a súa figura en 1999.

  1. Gheorghe, Constantin; Șerbu, Miliana (2007). Miniștrii de interne.(1862 – 2007) Mică enciclopedie. Editura Ministerului Internelor și Reformei Administrative

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]