Consello de Todas as Terras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Consello de Tódalas Terras»)
Consello de Todas as Terras
Tipoorganización política
IdeoloxíaIndixenismo, Anticapitalismo, Comunismo e socialismo: Storia di un’idea, comunismo e Separatismo
Data de fundación1990
PaísChile
editar datos en Wikidata ]

O Consello de Todas as Terras ou Aukiñ Wallmapu Ngulam en lingua mapuche (AWNg) é unha organización indixenista que persegue a autodeterminación do pobo mapuche, nación "preexistente" ao estado chileno. O seu líder é o werkén Aucán Huilcamán.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

O Consello ten a súa orixe na «Comisión 500 anos de resistencia», formada en 1989 como unha escisión de Admapu, a principal organización mapuche de oposición á ditadura militar durante a década de 1980. A Comisión compúxose en parte de exmembros do conxunto político de Admapu, que rexeitaban o achegamento desta organización cara aos partidos da Concertación de Partidos pola Democracia. En particular, rexeitouse a participación de Admapu no Acordo de Nova Imperial de 1989, e en xeral o proceso de negociación institucional que desembocou na promulgación da Lei Indíxena de 1993.[2]

A Comisión pasou a chamarse Consello de Todas as Terras en 1990.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Alarcón, Maximiliano (11 de outubro de 2017). "Aucán Huilcamán: “Podemos converger con muchos grupos hacia la autodeterminación”". Diario U Chile (en castelán). Consultado o 30 de agosto de 2018. 
  2. Martínez Neira, Christian (2009). "Transición a la democracia, militancia y proyecto étnico. La fundación de la organización mapuche Consejo de Todas las Tierras (1978-1990)". Estudios sociológicos. XXVII (80): 595–618. ISSN 2448-6442. 
  3. Peláez, Alejandro Saavedra (2002). Los mapuche en la sociedad chilena actual (en castelán). LOM Ediciones. ISBN 9789562824903. Consultado o 30 de agosto de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Christian Martínez Neira (2009). "Transición a la democracia, militancia y proyecto étnico. La fundación de la organización mapuche Consejo de Todas las Tierras (1978-1990)", en Estudios Sociológicos, Vol. XXVII, número 80, maio-agosto.
  • Mariman, José A. (1995). "La Organización mapuche Aukiñ Wallmapu Ngulam". Consultado o 20 de febreiro de 2008.