Condado de Sokółka

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización do condado de Sokółka no voivodato de Podlaquia.

O condado de Sokółka (en polaco: powiat sokólski) é un condado do voivodato de Podlaquia, no nordeste de Polonia, na fronteira con Belarús. Foi creado o 1 de xaneiro de 1999 como resultado das reformas do goberno local en Polonia de 1998. A súa capital e maior poboación é Sokółka.

Subdivisións[editar | editar a fonte]

Concellos do condado de Sokółka.

O condado divídese en dez concellos: catro concellos mixtos, e seis concellos rurais:

  1. Suchowola (concello mixto)
  2. Dąbrowa Białostocka (concello mixto)
  3. Nowy Dwór (concello rural)
  4. Korycin (concello rural)
  5. Janów (concello rural)
  6. Sidra (concello rural)
  7. Kuźnica (concello rural)
  8. Sokółka (concello rural)
  9. Szudziałowo (concello rural)
  10. Krynki (concello mixto)