Condado de Białystok

Localización do condado de Białystok no voivodato de Podlaquia.
O condado de Białystok (en polaco: powiat białostocki) é un condado do voivodato de Podlaquia, no nordeste de Polonia, na fronteira con Belarús. Foi creado o 1 de xaneiro de 1999 como resultado das reformas do goberno local en Polonia de 1998. O seu centro administrativo é a cidade de Białystok, aínda que a cidade non é parte do condado e constitúe unha cidade-condado independente.
Subdivisións[editar | editar a fonte]
O condado divídese en quince concellos: nove concellos mixtos e seis concellos rurais:
- Białystok (cidade-condado propia, non parte do condado de Białystok)
- Choroszcz (concello mixto)
- Czarna Białostocka (concello mixto)
- Łapy (concello mixto)
- Supraśl (concello mixto)
- Suraż (concello mixto)
- Tykocin (concello mixto)
- Wasilków (concello mixto)
- Zabłudów (concello mixto)
- Dobrzyniewo Duże (concello rural)
- Gródek (concello rural)
- Juchnowiec Kościelny (concello rural)
- Michałowo (concello mixto)
- Poświętne (concello rural)
- Turośń Kościelna (concello rural)
- Zawady (concello rural)
![]() |
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |