Malå é un concello sueco no condado de Västerbotten.[1] A súa capital é Malå. En setembro do ano 2022 o municipio tiña unha poboación de 3 029 habitantes, sendo o sexto con menos habitantes de Suecia.[2]
O municipio está situado no sueste das terras forestais de Laponia, e unha parte do Skelleftefältet, unha área rica en minerais no norte do condado de Västerbotten, está dentro del. No pasado a economía local estaba dominada pola industria mineira, pero esa actividade cesou e no presente a economía está baseada na industria da madeira e na manufactura, así como no desenvolvemento de instrumentos xeofísicos e as actividades de prospección.
Dende a formación do concello en 1983 a tendencia de poboación vén sendo negativa.