Concello de Norsjö
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Suecia | ||||
| Condado | Condado de Västerbotten | ||||
| Capital | Norsjö | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 3.849 (2025) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 1.923,58 km² | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Datos históricos | |||||
| Precedido por | |||||
| Creación | 1 de xaneiro de 1971 | ||||
| Sucedido por | Concello de Malå | ||||
Evento clave
| |||||
| Organización política | |||||
| • Chairman of the municipal board in Norsjö Municipality, Sweden (en) | Q133280959 Mikael Lindfors (2003–) | ||||
| Sitio web | norsjo.se | ||||
Norsjö é un municipio sueco (kommun) do condado de Västerbotten.[1] A súa capital é Norsjö. En decembro de 2024 o concello tiña unha poboación de 3 968 habitantes.[2]
Na súa maior parte a paisaxe consiste en morena cuberta de bosque e con áreas pantanosas no medio. Tamén hai bosque que forma a base da economía local onde domina a industria da madeira.
Dende a fundación do municipio a tendencia de poboación vén sendo fortemente negativa. Nas eleccións de 2010 e 2014 os socialdemócratas obtiveron sendas maioría absolutas, e tras as eleccións de 2018 gobernan e coalición co Vänsterpartiet.
Administración histórica
[editar | editar a fonte]A área do municipio correspóndese coa da parroquia de Norsjö, onde se fundou o concello rural do mesmo nome coa reforma municipal de 1862.
O 3 de maio de 1935 estableceuse a localidade municipal de Norsjö, e o 30 de outubro de 1936 a de Bastuträsk. Ámbolos dous disolvéronse en 1952/1953.
A reforma municipal de 1952 non afectou ás divisións da zona, cando nos condados de Västerbotten e Norrbotten permaneceron como estaban.
O muncipio de Norsjö fundouse coa refoma municipal de 1971 a través da transformación do concello rural de Norsjö. En 1974 incorporouse o concello de Malå, pero este volveu a separarse en 1983 constituíndose como un municipio de seu.[3]
Dende o seu nacemento o concello está incluído no partido xudicial de Skellefteå.[4]
Xeografía
[editar | editar a fonte]O concello atópase no norte do condado de Västerbotten e limita ao norte co concello de Arvidsjaur, en Norrbotten, ao leste co de Skellefteå, ao sur cos de Vindeln e Lycksele, e ao oeste co de Malå.
Topografía e hidrografía
[editar | editar a fonte]Os sistemas de lagos e ríos reflicten a dirección de fractura noroeste-sueste do leito rochoso. Na maior parte a paisaxe do concello está formada de morena cuberta de bosque con áreas de turbeiras no medio. As zonas con morena son montañosas, especialmente a parte suroeste ao redor do lago Stor-Raggsjön. Hai depósitos glaciares no val que vai desde o Bastuträsk a través de Bjurträsk e Fromheden e máis aló ao longo do val do Malån. O río Skellefteälven atravesa a zona norte do municipio, e cuxo val está formado en parte por sedimentos de gran fino.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Län och kommuner i kodnummerordning". web.archive.org. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-09-09.
- ↑ "Folkmängd och befolkningsförändringar - Kvartal 4, 2024". Statistikmyndigheten SCB (en sueco). Consultado o 2025-03-13.
- ↑ Andersson, Per (1993). Sveriges kommunindelning 1863-1993. Mjölby: Bokförlaget Draking. ISBN 91-87784-05-X. OCLC 33359784.
- ↑ "Domsagohistorik - Skellefteå tingsrätt". bebyggelseregistret.raa.se. Consultado o 10 de setembro de 2022.
- ↑ "Norsjö - Uppslagsverk". www.ne.se. Consultado o 2025-03-13.
