Saltar ao contido

Concello de Kungsör

Modelo:Xeografía políticaConcello de Kungsör
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 59°25′00″N 16°05′00″L / 59.416666666667, 16.083333333333
EstadoSuecia
CondadoCondado de Västmanland Editar o valor en Wikidata
CapitalKungsör (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación8.663 (2025) Editar o valor en Wikidata (38,14 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie227,13 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación1 de xaneiro de 1971 Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Chairman of the municipal board in Kungsör Municipality, Sweden (en) Traducir Editar o valor en WikidataPelle Strengbom (en) Traducir (2003–2018)
Mikael Peterson (pt) Traducir (2018–) Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Spydeberg (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Sitio webkungsor.se Editar o valor en Wikidata
Facebook: Kungsorskommun Twitter: kungsor LinkedIn: kungsors-kommun Youtube: UCQIHHd-OdHNN5FvcUBHucew Editar o valor en Wikidata

Kungsör é un concello sueco (kommun) do condado de Västmanland.[1] A súa capital é a poboación de Kungsör. En decembro do ano 2024 o concello tiña unha poboación de 8 694 habitantes.[2]

No concello de Kungsör o sector público é un importante empregador, xa que case a metade da poboación activa traballa nese sector. A industria manufactureira é a que domina a actividade económica do municipio.

Historia administrativa

[editar | editar a fonte]

A área do concello correspóndese coa das parroquias de Björskog, Kung Karl, Kungs-Barkarö e Torpa, todas elas no härad de Åakerbo. Nesa parroquias creáronse concellos rurais co mesmo nome coa reforma municipal de 1862.

A localidade munucipla de Kungsör estableceuse o 7 de abril de 1904 e disolveuse en 1907 cando se creou o köping de Kungsör a través dunha escisión do concello rural de Kung Karl.

Coa reforma municipal de 1952 todos os concellos rurais pasaron a formar parte do concello de Kung Karl.

O actual concello de Kungsör naceu coa reforma municipal de 1971 a partir do köping de Kungsör e do concello rural de Kung Karl.[3]

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O concello de Kungsör atópase no sur do condado de Västmanland. Limita ao oeste co concello de Arboga e ao norte co de Köping, os dous en Västmanland, e ao sueste foi fronteira co municipio de Eskilstuna, no condado de Södermanland.

Topografía e hidrografía

[editar | editar a fonte]

En dirección leste-oeste ao sur do río Arbogaån unha importante falla rochosa atravesa o municipio. Ao norte da mesma esténdese unha ampla chaira arxilosa cultivada que vai ata a parte interior do lago Mälar. Nas chairas hai zonas de campos cubertos de bosque caducifolio, onde está a paisaxe especial de bosques caducifolios e prados de carballos de Kungs-Barkarö, que é exclusiva da zona.

No sur, spor riba da ladeira da falla, esténdese unha zona suavemente ondulada con bosque de coníferas e cuberta de morenas. A ben definida crista de seixos Köpingsåsen esténdese en dirección norte-sur a través da zona urbana de Kungsör e ao longo da beira occidental do lago Mälar.[4]

  1. "Län och kommuner i kodnummerordning". web.archive.org. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-10-06. 
  2. "Folkmängd och befolkningsförändringar - Kvartal 4, 2024". Statistikmyndigheten SCB (en sueco). Consultado o 2025-03-18. 
  3. Andersson, Per (1993). Sveriges kommunindelning 1863 - 1993. Mjölby: Bokförl. Draking. ISBN 978-91-87784-05-7. 
  4. "Kungsör - Uppslagsverk". www.ne.se. Consultado o 2025-03-18.