Concello de Eskilstuna
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Suecia | ||||
Condado | condado de Södermanland | ||||
Capital | Eskilstuna | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 107.550 (2024) (86,01 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua sueca lingua finesa | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 1.250,48 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1 de xaneiro de 1971: (Reforma municipal sueca de 1971) | ||||
Organización política | |||||
• Chairman of the municipal board in Eskilstuna Municipality, Sweden (en) | Jimmy Jansson (en) (2011–) | ||||
Membro de | |||||
Outro | |||||
Irmandado con | Gatchina (pt) Erlangen Esbjerg (pt) Haapsalu City (en) Lviv Linyi City (en) Stavanger Luton (pt) Jyväskylä (1947–) | ||||
Páxina web | eskilstuna.se | ||||
Eskilstuna é un municipio sueco (kommun) do condado de Södermanland.[1] A súa capital e localidade máis grande é Eskilstuna. As outras áreas urbanas máis grandes son (en orde de tamaño) Torshälla, Skiftinge, Hällbybrunn, Skogstorp, Ärla, Kjulaås, Hållsta, Kvicksund e Hällberga.
O concello de Eskilstuna acadou a cifra de 100 000 habitantes o 4 de marzo de 2014, converténdose así no 15º concello sueco en chegar a esa cantidade.[2]
Xeografía
[editar | editar a fonte]O municipio está no noroeste do landskap de Södermanland, entre os grandes lagos Mälaren ao norte e Hjälmaren ao oeste. Os dous lagos están conectados polo río Eskilstunaån, que no seu curso superior é coñecido como Hyndevadsström e no inferior ao redor de Torshälla como Torshällaån. A histórica parte de Rekarnebygden do noroeste de Södermanland correspóndese aproximadamente cos límites actuais do concello, e o nome Rekarne aínda aparece nalgúns nomes de lugares e organizacións locais.
O municipio de Eskilstuna limita ao leste co de Strängnäs, ao sur co de Flen e ao suroeste co de Katrineholm, todos no condado de Södermanland. Ao oeste limita co concello de Arboga, ao noroeste co de Kungsör e ao norte co de Köping, Hallstahammar e Västerås, no condado de Västmanland.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Län och kommuner i kodnummerordning". web.archive.org. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-08-17.
- ↑ "Eskilstuna kommun - Kommun och politik - Eskilstuna 100 000". web.archive.org. 2016-04-02. Archived from the original on 02 de abril de 2016. Consultado o 2022-08-17.