Concello de Arboga
Coordenadas: 59°24′N 15°50′L / 59.400, -15.833
Municipio de Arboga Arboga kommun | |
![]() | |
Casa do concello | |
![]() | |
Escudo | |
País | ![]() |
Landskap | Västmanland Närke |
Condado | Västmanland |
Capital | Arboga |
Área e poboación | |
Poboación | 14 097 habitantes |
Censo | 2022 |
Área | 419,38 km² |
Densidade | 43,32 hab./km² |
Mapa | |
![]() | |
Outros datos | |
Web | arboga.se |
Arboga é un concello sueco (s. kommun) do condado de Västmanland,[1] A súa capital é a homónima vila de Arboga.
O municipio está situado na costa norte do lago Hjälmar. A economía local está dominada por industrias do metal e enxeñería.
O desenvolvemento da poboación foi durante tempo relativamente estable, aínda que houbo unha diminución de poboación dende que se creou o concello ata o ano 2015. Tradicionalmente o concello foi un forte bastión para os socialdemócratas, que deixaron o poder en 2016 tras 97 anos de alcaldía ininterrompida.
Xeografía[editar | editar a fonte]
Con respecto ás rexións históricas, as terras do concello de Arboga pertenceron ás rexións (landskap) de Västmanland e Närke. Coa reforma municipal de 1971, á cidade de Arboga sumáronselle as terras do antigo concello rural de Medåker, e tres anos máis tarde a parroquia de Götlunda pasou a Arboga desde o concello de Orebrö.
O concello limita ao leste cos de Kungsör e Eskilstuna, ao oeste cos de Orebrö e Lindesberg, e ao norte co municipio de Köping.
Hidrografía[editar | editar a fonte]
Aínda que como é xeral en Suecia hai abondos lagos no territorio municipal, o máis destacado é o Hjälmar,[1] un dos maiores lagos do país, e que tamén é a principal fonte de auga do concello.[2] O río Arbogaån cruza o municipio de oeste a leste, abre a canle Hjälmar que comunica co lago do mesmo nome, e prosegue por outros municipios ata facer foz no lago Mälar, o que está ás costas de Estocolmo. Outros grandes lagos do concello son o Högsjön e o Tjurlången. A eutrofización é un problema importante que afectou a case todos os cursos de auga e lagos do municipio.[3]
Protección natural[editar | editar a fonte]
No ano 2022 había 12 reservas naturais no municipio de Arboga.[4] Entre elas atópase a reserva de Amerika con bosque e pantanos, así como as dúas lagoas de Amerikasjön e Lungsjön. Na zona hai varias especies de libeliñas, así como animais máis grandes como castores, gamos, cervos e alces.[5] A reserva de Södra Hammaren, situada ao lado da de Norra Hammaren, é unha reserva creada xa no ano 1920. No vello prado de feo medran hoxe árbores que teñen uns 200 anos.[6] Outros exemplos de alfaias naturais son as illas de Hengrundet, Notholmen ou Valen[4], no lago Hjälmar.
Áreas urbanas[editar | editar a fonte]
Na delimitación de aglomeracións do Instituto Nacional de Estadística de Suecia en 2015 había tres áreas urbanas no municipio de Arboga.
Nr | Área urbana | Poboación |
---|---|---|
1 | Arboga | 10.841 |
2 | Götlunda | 265 |
3 | Medåker | 212 |
Economía e infraestruturas[editar | editar a fonte]
A economía local está dominada polas industrias de metal e de talleres, algo típico nos concellos do interior do val do Mälaren. Este tipo de industrias foi complementada posteriormente cunha industria de tecnoloxía da información de rápido crecemento, formada por pequenas e medianas empresas, que son en gran parte empresas de consultoría para a empresa máis grande do municipio, o Grupo Saab.[7]
Transporte[editar | editar a fonte]
As rutas europeas E18 e E20 atravesan o concello de oeste a leste, ao igual que a estrada do condado 249. A través do municipio tamén pasa a liña de ferrocarril Mälarbanan (Estocolmo–Västerås–Örebro–Hallsberg).[7]
O aeródromo militar de Arboga pertence no presente a Saab e un obxecto protexido que non se pode fotografar e ao que non se pode acceder.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 "Län och kommuner i kodnummerordning". Statistiska centralbyrån. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-08-07.
- ↑ "Vatten och avlopp - Arboga kommun". www.arboga.se (en sueco). Arquivado dende o orixinal o 07 de agosto de 2022. Consultado o 2022-08-07.
- ↑ "Hur mår vattnet i Arboga? - Arboga kommun". www.arboga.se (en sueco). Arquivado dende o orixinal o 08 de agosto de 2022. Consultado o 2022-08-07.
- ↑ 4,0 4,1 "Naturreservat". www.lansstyrelsen.se (en sueco). Consultado o 2022-08-07.
- ↑ "Amerika". www.lansstyrelsen.se (en sueco). Consultado o 2022-08-07.
- ↑ "Södra Hammaren". www.lansstyrelsen.se (en sueco). Consultado o 2022-08-07.
- ↑ 7,0 7,1 "Arboga - Uppslagsverk - NE.se". www.ne.se. Consultado o 2023-01-01.