Concello de Högsby
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Suecia | ||||
| Condado | condado de Kalmar | ||||
| Capital | Högsby (en) | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 5.134 (2025) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 799,06 km² | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Datos históricos | |||||
| Precedido por | |||||
| Creación | 1 de xaneiro de 1971: (Reforma municipal sueca de 1971) | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||
| Sitio web | hogsby.se | ||||
Högsby é un municipio sueco (kommun) do condado de Kalmar.[1] A súa capital é Högsby. O municipio limita ao sur co de Nybro, ao leste co de Mönsterås e ao norte co de Hultsfred. En decembro de 2024 o concello tiña unha poboación de 5 321 habitantes.[2]
Administración histórica
[editar | editar a fonte]A área do concello correspóndese coa das parroquias de Fagerhult, Högsby e Långemåla. Nesas parroquias fundáronse municipios rurais co mesmo nome durante a reforma muncipal de 1862. En 1889 naceu o concello rural de Fågelfors ao separarse do de Högsby.
A localidade municipal de Ruda estableceuse o 24 de setembro de 1948 e disolveuse a finais de 1959.
Coa reforma municipal de 1952 Fågelfors e Långemåla uníronse ao municipio rural de Högsby.
En 1969 o municipio rural de Fagerhult incorporouse ao de Högsby. O concello de Högsby nacería coa reforma muncipal de 1971 a través dunha reorganzación.[3]
Dende a súa fundación ata 2005 pertenceu ao partido xudicial de Oskarshamn, e dende entón pertence ao de Kalmar.[4]
Xeografía
[editar | editar a fonte]O concello de Högsby atópase no centro do condado de Kalmar e limita ao sur co municipio de Nybro, ao leste co de Mönsterås, ao nordés co de Oskarshamn e ao norte co de Hultsfred, todos eles no condado de Kalmar. Tamén fai fronteira co concello de Uppvidinge ao oeste, no condado de Kronoberg.
Demografía
[editar | editar a fonte]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Län och kommuner i kodnummerordning". web.archive.org. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-09-10.
- ↑ "Folkmängd och befolkningsförändringar - Kvartal 4, 2024". Statistikmyndigheten SCB (en sueco). Consultado o 2025-03-08.
- ↑ Andersson, Per (1993). Sveriges kommunindelning 1863-1993. Mjölby: Bokförlaget Draking. ISBN 91-87784-05-X. OCLC 33359784.
- ↑ "Domsagohistorik - Oskarshamns tingsrätt". bebyggelseregistret.raa.se. Consultado o 30 de setembro de 2022.
