Saltar ao contido

Concello de Hultsfred

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaConcello de Hultsfred
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 57°29′00″N 15°50′00″L / 57.4833, 15.8333
EstadoSuecia
Condadocondado de Kalmar Editar o valor en Wikidata
CapitalHultsfred (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación13.638 (2025) Editar o valor en Wikidata (11,49 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie1.187,01 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación 1 de xaneiro de 1971:  (Reforma municipal sueca de 1971) Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Rumia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Sitio webhultsfred.se Editar o valor en Wikidata
Facebook: Hultsfredskommun LinkedIn: hultsfredskommun Youtube: UCvwWnpcobwNF_yTo_gKTFqA Editar o valor en Wikidata

Hultsfred é un municipio sueco (kommun) do condado de Kalmar.[1] A súa capital é a localidade de Hultsfred. En decembro de 2024 o concello tiña unha poboación de 13 673 habitantes.[2]

As alturas na zona están cubertas de bosque, que forma 80% da superficie do municipio. En contraste, os fondos dos vales están cheas de sedimentos depositados pola auga. Adxacente ao val do Emån, especialmente nas áreas arredor de Mörlunda, atópase a maior área de sedimentos continuos. O Emån está bordeado por bosques caducifolios, pastos e terras de cultivo abertas. O bosque forma tamén unha gran parte da actividade económica do municipio. A principios da década de 2020 aproximadamente a cuarta parte dos postos de traballo do municipio atopábanse na industria manufacturera, fundamentalmente na industria forestal e de produtos da madeira.

Historia administrativa

[editar | editar a fonte]

A área do concello correspóndese coa das parroquias de Gårdveda, Järeda, Lönneberga, Målilla, Mörlunda, Tveta, Vena e Virserum. Nestas fundáronse concellos rurais co mesmo nome durante a reforma municipal de 1862.

O köping de Hultsfreds fundouse en 1927 como unha excisión do municipio rural de Vena.

Coa reforma municipal de 1952 naceron os grandes concellos (storkommun) de Målilla (a partir da fusión dos concellos de Gårdveda e Målilla), Mörlunda (de Mörlunda e Tveta) e Virserum (de Järeda e Virserum), mentres que os concellos rurais de Lönneberga e Vena e o köping de Hultsfred permaneceron sen cambios.

O köping de Virserum fundouse en 1956 a través da reorganización do municipio rural de Virserum. Ao mesmo tempo disolveuse a localidade municipal de Virserum, creada o 9 de febreiro de 1917.

En 1969 os municipios rurais de Lönneberga e Målilla incorporáronse ao köping de Hultsfred. O concello de Hultsfred naceu coa reforma municipal de 1971 a partir dos köping de Hultsfred e Virserum, e dos concellos rurais de Mörlunda e Vena.[3]

Dende a súa formación ata o ano 2005 o concello pertenceu ao partido xudicial de Oskarshamn e dende entón pertence ao de Kalmar.[4]

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O municipio limita ao oeste co concello de Vetlanda e ao noroeste co de Eksjö, os dous no condado de Jönköping. Ao norte limita co municipio de Vimmerby, ao leste co de Oskarshamn e ao sur co de Högsby, no condado de Kalmar. E ao suroeste limita co concello de Uppvidinge, no condado de Kronoberg.

Topografía e hidrografía

[editar | editar a fonte]

O leito rochoso da zona na que se atopa o concello está moi fracturado con dúas direccións de fractura; unha noroeste-sueste e outra menos dominante en dirección perpendicular a esta. A meirande parte dos lagos do municipio seguen esas dúas direccións de fractura. As alturas están cubertas de morena e bosque. Pola contra, os fondos dos vales están cheos de sedimentos depositados pola auga. Adxacente ao val do Emån, especialmente nas áreas ao redor de Mörlunda, está a maior área de sedimentos continuos. O río Emån tamén segue as direccións de fractura do leito rochoso e ten un curso moi serpenteante. O val de Emån está bordeado de bosques caducifolios, pastos e terras de cultivo abertas. Este último esténdese desde Årena no noroeste ata Ryningsnäs no sueste. Ao longo dos ríos Emån e Virserumsåsen hai estrañas formas de depósitos glaciares que se formaron en conexión cun lago glaciar local.[5]

  1. "Län och kommuner i kodnummerordning". web.archive.org. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-09-03. 
  2. "Folkmängd och befolkningsförändringar - Kvartal 4, 2024". Statistikmyndigheten SCB (en sueco). Consultado o 2025-03-07. 
  3. Andersson, Per (1993). Sveriges kommunindelning 1863-1993. Mjölby: Bokförlaget Draking. ISBN 91-87784-05-X. OCLC 33359784. 
  4. "Oskarshamns tingsrätt". bebyggelseregistret.raa.se. Consultado o 8 de outubro de 2022. 
  5. "Hultsfred - Uppslagsverk". www.ne.se. Consultado o 2025-03-14.