Concello de Arvika
| Arvika kommun (sv) | |||||
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Suecia | ||||
| Condado | condado de Värmland | ||||
| Capital | Arvika | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 25.444 (2025) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 1.956,11 km² | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Datos históricos | |||||
| Precedido por | |||||
| Creación | 1 de xaneiro de 1971 | ||||
| Organización política | |||||
| • Chairman of the municipal board in Arvika Municipality, Sweden (en) | Arne Persson (en) Karl-Uno Richardson (en) Arne Persson (en) Gunnar Nyberg (en) Claes Pettersson (en) Peter Söderström (2014–) | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||
| Sitio web | arvika.se | ||||
Arvika é un municipio sueco (kommun) do condado de Värmland. Cobre 1 956,11 km² e en decembro de 2024 tiña 25 547 habitantes,[1] dos que uns 14 000 viven na cidade de Arvika, a súa capital. Está situada entre o lago Vänern e Noruega.
A cidade Arvika atópase na beira norte do lago Glafsfjorden, que se conecta co Vänern. A estrada nacional 61 pasa pola cidade, ao igual que a liña de ferrocarril entre Laxå e Charlottenberg-Oslo, coñecida como Värmlandsbanan.
O 85% da superficie do concello está cuberta de bosque. A zona tamén é rica en lagos. A actividade económica do antigo municipio siderúrxico sofreu grandes cambios e a principios da década de 2020 as industrias manufactureras son as maiores empregadoras.
Xeografía
[editar | editar a fonte]O concello de Arvika limita cos municipios de Torsby, Sunne, Kil, Grums, Säffle, Årjäng e Eda en Suecia, e co de Kongsvinger en Noruega.
Historia
[editar | editar a fonte]A dez quilómetros ao oeste da cidade en Bergs Klätt, hai restos de asentamentos da Idade de Pedra e da Idade de Bronce.
Arvika mantívose como unha pequena vila, en 1811 deuselle estatuto de cidade co nome de Oscarsstad para dinamizar economicamente a rexión, pero non tivo éxito e os privilexios de cidade foron revogados en 1821, permanecendo como köping (vila) co nome de Arvika, en 1911 outorgóuselle de novo o título de cidade.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Web oficial de Arvika (en sueco, inglés e alemán)
- ↑ "Folkmängd och befolkningsförändringar - Kvartal 4, 2024". Statistikmyndigheten SCB (en sueco). Consultado o 2025-03-16.
