Saltar ao contido

Collige, virgo, rosas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Collige, virgo, rosas é unha locución latina extraída dun verso de Ausonio ou de Virxilio que significa literalmente "Colle, rapaza, as rosas".[1] É unha incitación a aproveitar a mocidade mentres dura porque o tempo pasa e pérdese a beleza, simbolizada pola rosa. É unha variante do tópico do carpe diem, pero centrada nun aspecto concreto: a plenitude física. Tamén se relaciona co tempus fugit, xa que o tempo pasa de maneira inevitable e chega a vellez, levándose o mellor da mocidade, cousas como a beleza, que é a porta do amor, e declarando que o que fai falla facer é aproveitar o momento de máximo esplendor.[2]

Este tema foi tratado amplamente na literatura e na arte, baseándose en descricións (normalmente de mulleres) que terminan cunha incitación ao pracer. Os autores que máis o empregaron foron os poetas do renacemento e do barroco, como, por exemplo, Garcilaso de la Vega, no seu soneto XXIII.[3] O que ps autores tentaban era volver aos modelos clásicos na lírica e, por tanto, tomaban como referencia principios latinos ou gregos (como esta frase), pero aplicadas á súa época; no renacemento facíase énfase na importancia de gozar, cunha mentalidade antropocéntrica contraposta ao teocentrismo medieval (que convidaba a esquecerse do corpo pecador) e, no barroco, en cambio, subliñábase máis o pesimismo do inevitable que é o paso do tempo.[4]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Referencias[editar | editar a fonte]

  1. De rosis nascentibus. Vers 49.
    "CARPE DIEM" Y "COLLIGE, VIRGO, ROSAS" al blog de Rosa Moreno.
    Cf. Virgili: Apèndix virgiliana. Volum II, p. 226-228. Text revisat i traducció de Miquel Dolç, Barcelona: Fundació; Bernat Metge, 1984 (Escriptors llatins. Vol. Nr. 226). ISBN 84-7225-262-0. La traducció d'en Miquel Dolç, fa: "Cull, noia, les roses mentre la flor és fresca i és fresca la teva joventut, i recorda't que talment es dona pressa la teva vida" - collige, uirgo, rosas dum flos nouus et noua pubes, et memor esto aeuum sic properare tuum.
  2. El tópico Collige virgo rosas a escolares.net
  3. Collige, virgo, rosas a lo largo de la historia
  4. COLLIGE, VIRGO, ROSAS, "coge, doncella, las rosas". (Tópico). (I). Definición y aproximación.