Colisión de 1983 en Barajas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Colisión de 1983 en Barajas
Un 727 semellante ao do accidente.
Resumo
Data  7 de decembro de 1983
Causa  colisión en terra
Lugar  Aeroporto de Madrid-Barajas
Coordenadas  Coordenadas: 40°28′11″N 3°33′46″O / 40.46972222, -3.56277778
Finados  93
Aeronave
Tipo de aeronave Boeing 727 e
McDonnell Douglas DC-9
Operador  Iberia e Aviaco
Rexistro  EC-CFJ e EC-CGS
Pasaxeiros  84 + 37
Tripulación  9 + 5
Superviventes  42

A colisión de 1983 en Barajas foi un accidente ocorrido o día 7 de decembro de 1983 cando dous avión chocaron en terra no Aeroporto de Madrid-Barajas. O choque produciuse cando un Boeing 727 de Iberia impactou contra un McDonnell Douglas DC-9 de Aviaco, causando a morte de 93 pasaxeiros e tripulantes.

O accidente[editar | editar a fonte]

O 7 de decembro de 1983 un Boeing 727 de Iberia, con rexistro EC-CFJ, que operaba o voo 350 con destino ao Aeroporto de Roma-Fiumicino, estaba autorizado para engalar na pista 01 do Aeroporto de Madrid-Barajas en condicións de brétema espesa.[1][2] Ao mesmo tempo, un DC-9 de Aviaco, co rexistro EC-CGS que operaba o voo 134, estaba rodando ao final da mesma pista para engalar con destino ao aeroporto de Santander. Cando o Boeing 727 aceleraba para engalar, a tripulación do DC-9 realizou un xiro equivocado no medio da brétema levando ao avión á pista, acabando no medio do camiño do 727. A tripulación do 727 viu ao DC-9 e intentou evitar a colisión rotando o seu avión para engalar, pero o aparello aínda non acadara a velocidade suficiente e a parte de atrás da fuselaxe chocou co DC-9.[2][3] Ámbolos dous avións incendiáronse e quedaron destruídos; as 42 persoas a bordo do DC-9 morreron, mentres que no 727 foron 51 (50 pasaxeiros e 1 tripulante) das 93 persoas a bordo as que faleceron.[1][4] Entre as vítimas do DC-9 estaba a actriz mexicana Fanny Cano e entre as do 727 o pianista surafricano Marc Raubenheimer.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Aviation Safety Network (ed.). "Descrición do accidente - 727". Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2013. Consultado o 29 de xaneiro de 2017. 
  2. 2,0 2,1 Flight International (ed.). "Madrid Cleared?". Consultado o 29 de xaneiro de 2017. 
  3. Aviation Safety Network (ed.). "Descrición do accidente - DC-9". Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2013. Consultado o 29 de xaneiro de 2017. 
  4. Calgary Herald (ed.). "Madrid airport crash death toll set at 92". Consultado o 29 de xaneiro de 2017.