Colectivo Ciudadanos del Reino de León
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2017.) |
Colectivo Ciudadanos del Reino de León (CCRL) ("Colleutivu Ciudadanos del Reinu de Llión", oficialmente e en leonés, mentres que en galego é Colectivo Cidadáns do Reino de León) é unha asociación de carácter leonesista que aspira a conseguir a creación dunha comunidade autónoma do País Leonés formada polas provincias de Salamanca, Zamora e León, marco territorial correspondente coa rexión do Reino de León na división territorial de España en 1833.
Historia[editar | editar a fonte]
Foi fundado en 2005 cando comezou a debaterse a posibilidade de reformar o Estatuto de autonomía de Castela e León, sacando entón catro manifestacións, a primeira o 3 de xuño de 2006, en favor da autonomía do País Leonés, concentrando a máis numerosa delas en torno a 20.000 asistentes o 22 de abril de 2007.
Recentemente pasou a impulsar a Plataforma polo Futuro da Rexión Leonesa, que realizou unha manifestación na cidade de Salamanca o 11 de maio de 2013, saíndo ás rúas da capital charra máis de 1.000 persoas reclamando "futuro para a Rexión Leonesa".[1]
Funcionamento[editar | editar a fonte]
O seu funcionamento estrutúrase en grupos provinciais, esistindo os de Salamanca, Zamora e León, así como un grupo en Madrid formado por cidadáns destas provincias emigrados alí.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "El desmantelamiento del hospital de Béjar muy presente en la manifestación por el Futuro de la Región Leonesa". Arquivado dende o orixinal o 10 de xuño de 2015. Consultado o 14 de novembro de 2013.