Cogomelo de San Xurxo
Calocybe gambosa | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Calocybe gambosa' (Fr.) Donk 1962 | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
|
Calocybe gambosa —sin. Tricholoma georgii L. 1753—, comunmente coñecido como cogomelo de San Xurxo é un fungo basidiomiceto da familia Lyophyllaceae.[1] É un cogomelo comestible, moi apreciado nas rexións do País Vasco, Navarra e A Rioxa, onde aflora en marzo e se lle chama perretxiko ou seta de primavera. En Italia coñécese como prugnolo, onde é tamén un cogomelo moi popular.[2]
Medra en grupos formando sendas ou "perretxikales". Presenta un sombreiro carnoso de 4 a 15 cm de diámetro de cor branca ou crema e superficie lisa e mate. A marxe está moi enrolada de nova, abríndose máis tarde. As láminas son apertadas, estreitas e escotadas, de cor branca. O pé é robusto e da cor das láminas. A carne é compacta cun certo aroma fariñento. A esporada é branca.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Calocybe gambosa". Index Fungorum (en inglés). CAB International, CBS e Landcare Research New Zealand Limited.
- ↑ Carluccio A (2003). The Complete Mushroom Book. Quadrille. p. 75. ISBN 1-84400-040-0.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Cogomelo de San Xurxo |