Saltar ao contido

Cobalto-60

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Esquema de desintegración do 60Co

O Cobalto-60 (60Co) é un isótopo radioactivo sintético do cobalto, cun período de semidesintegración de 5,27 anos. O 60Co decae por desintegración beta ao isótopo estábel níquel-60 (60Nin). No proceso de desintegración, 60Co emite un electrón cunha enerxía de 315 keV e logo o núcleo activado de 60Ni emite dous raios gamma con enerxías de 1,17 e 1,33 MeV, respectivamente. A ecuación da captura neutrónica e desintegración é a seguinte:

59
27
Co
+ n → 60
27
Co
60
28
Ni
+ e + νe + raios gamma.

Actividade

[editar | editar a fonte]

A actividade dun gramo 60Co é de 44 TBq (arredor de 1100 curios). Así, por exemplo, unha cantidade de 60µg de 60Co xera unha dose de 1 mSv no intervalo dunha hora a 1 metro de distancia. A inxesta de 60Co fai que se alcance a mesma dose en poucos segundos.

As altas enerxías dos raios gamma implican unha diferenza de masa entre o 60Ni e o 60Co de 0,003 Da. Isto equivale a 20 Watts por gramo, aproximadamente 30 veces superior á do 238Pu.

Unha dose de corpo enteiro de aproximadamente 3 a 4 Sv mata o 50 % dunha poboación en días ou semanas. Pode amorearse en poucos minutos de exposición a 1 g de 60Co.

Aplicacións

[editar | editar a fonte]

A enerxía das partículas beta é baixa e pouco penetrante, o que fai sinxela a súa blindaxe. Con todo, os raios gamma emitidos teñen enerxías ao redor dos 1,3 MeV e son altamente penetrantes.

As principais aplicacións do 60Co son:

A creación do 60Co é clave na nucleosíntese. Sen a etapa 60Co non se poderían formar os elementos n° 27 a 83 en supernovas. O 60Co artificial créase bombardeando un branco de 59Co cunha fonte de neutróns lentos, normalmente 252Cf moderados con auga para desaceleralos. Tamén se pode sintetizar nun reactor nuclear como o CANDU, onde as barras de aceiro substitúense por 59Co.[1] O 60Co é tamén un activo isótopo na bomba de cobalto.

Despois de entrar no organismo, gran cantidade do 60Co excrétase nas feces. Unha pequena parte é absorbida polo fígado, os riles e os ósos. Unha prolongada exposición á radiación gamma pode causar cancro.

A mestura accidental dunha fonte radioactiva con cobalto pode formar aceiro radioactivo. No accidente de radiación en Ciudad Juárez, o 6 de decembro de 1983, unha fonte descargada (para uso médico) de 60Co causou a contaminación de 5.000 T de aceiro. Con el producíronse preto de 6.000 T de varilla contaminada que chegou a 15 estados de México e a varias cidades dos Estados Unidos. Estímase que 4.000 persoas foron expostas á radiación como consecuencia deste desastre.[2]

  1. Adams, Rod (1 de xuño de 1996). "Isotope Production: Dual Use Power Plants". Atomic Insights (en inglés). Consultado o 15 de xaneiro de 2023. 
  2. Dirección General de Comunicación Social., Comisión Nacional de Seguridad Nuclear y Salvaguardas (setembro de 1985). "Accidente por contaminación con Cobalto-60, México, 1984" (PDF). Consultado o 26 de agosto de 2019. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]