Clube de Montaña Xistra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Clube de Montaña Xistra
Tipoasociación deportiva
Deportemontañismo
Data de fundación1991
SedeVigo
PaísGalicia
editar datos en Wikidata ]

O Clube de Montaña Xistra é unha asociación deportiva con sede en Vigo e sen ánimo de lucro dedicada ó montañismo e outras actividades relacionadas coa natureza como o alpinismo, sendeirismo, escalada, esquí alpino, esquí de montaña e de fondo, descenso de canóns, marchas de 50 km, carreiras por montaña etc. Fundado no ano 1991, fomenta as actividades deportivas relacionadas coa montaña e a natureza, participando activamente nas actividades federativas.

Fins do club[editar | editar a fonte]

Segundo os seus estatutos o Clube de Montaña Xistra ten os seguintes fins:

  1. Fomentar a práctica de deportes ou actividades de montaña en tódalas súas modalidades.
  2. Organizar actividades como campamentos, cursos, charlas, expedicións, campionatos etc.
  3. Favorecer o coidado e a protección do medio natural mediante diversas actividades.
  4. Promover actividades especialmente dedicadas á xente nova e tamén ás persoas maiores.
  5. Implicarse na defensa do acceso libre as zonas naturais en xeral e en especial as zonas de montaña sen máis limitacións que as propias da conservación destes territorios.

Historia[editar | editar a fonte]

O club xurdiu no 1991 con montañeiros procedentes das entidades Club Montañeiros Celtas e Club Peña Trevinca - Montañeiros de Galicia, e dende entón ten adquirido sona pola súa implicación deportiva no deporte federado e polos éxitos deportivos dalgúns dos seus federados. Os membros do club, ó longo da súa de existencia, teñen acadado cumios de especial relevancia en Europa, América, Asia e África.

Na Asemblea Xeral da Federación Galega de Montañismo, celebrada o día 16/03/2013, outórgaselle o galardón de Mellor Club de Galicia 2012, polos méritos acadados. Igualmente, na Asemblea do 11/04/2015, recibiu o premio do Mellor Club de Galicia 2014. Novamente acadou o mesmo premio correspondente ó ano 2015.

Instalacións e servizos do club[editar | editar a fonte]

A sociedade goza dun local social e un almacén en préstamo, nos que realizan as actividades sociais e serve de almacén de material deportivo etc.

O club está inscrito na Federación Galega de Montañismo polo que goza das vantaxes dos refuxios en Trevinca, Courel, Xurés e Peña Ubiña.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]