Saltar ao contido

Club Voleibol Sant Cugat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Club Voleibol Sant Cugat
Nome curtoCV Sant Cugat Editar o valor en Wikidata
Tipoclub deportivo Editar o valor en Wikidata
Deportevoleibol Editar o valor en Wikidata
Actividade
Industriaactividades deportivas Editar o valor en Wikidata
Data
Fundación1988 Editar o valor en Wikidata
Acontecementos
Participou enQ117311427 Traducir, Q109255485 Traducir, Q116978792 Traducir, Q70889698 Traducir, Q57496999 Traducir, Q47494571 Traducir, 2016–17 Superliga Femenina de Voleibol (en) Traducir, 2013–14 Superliga Femenina de Voleibol (en) Traducir, Q123558494 Traducir, Q123558414 Traducir, Q123558375 Traducir, Q123556386 Traducir, Q123555453 Traducir, Q21006271 Traducir, Q18285580 Traducir, Q26181222 Traducir, Q130241281 Traducir e Q130239118 Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCataluña
Provinciaprovincia de Barcelona
Ámbito funcional territorialÁmbito metropolitano de Barcelona
ComarcaVallès Occidental
ConcelloSant Cugat del Vallès Editar o valor en Wikidata
EnderezoBrollador, 3 Editar o valor en Wikidata
SedeValldoreix (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Contacto
Páxina WEBcvsantcugat.com Editar o valor en Wikidata
RedesFacebook: cvsantcugat Twitter: VoleiSantCugat Instagram: cv_santcugat Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

O Club Voleibol Sant Cugat é un club de voleibol da localidade catalá de Sant Cugat del Vallès. Trátase dun dos equipos con maior tradición do voleibol feminino en Cataluña. Na tempada 2010-11 xogou na segunda categoría do voleibol español, a Superliga Feminina 2. Xoga os seus partidos como local no Pavillón de Valldoreix, en Sant Cugat del Vallès.

En 1988 fundouse o Club Voleibol Sarrià no distrito de Sarrià (Barcelona). Foi dado de alta na Federación coa intención de dar continuidade ás rapazas das diferentes escolas do barrio que adoitaban elixir este deporte dentro da súa etapa escolar mais que non tiñan ningunha posibilidade de seguir practicándoo unha vez deixaban os seus estudos. Dentro deste período fóronse consolidando varios equipos femininos cun número importante de participantes.

En 1992, e con motivo dos Xogos Olímpicos de Barcelona, na localidade veciña de Sant Cugat construíuse un pavillón para que os diferentes equipos olímpicos puideran gozar dun lugar para os seus adestramentos. Posteriormente, nun acordo entre o Consello Superior de Deportes, as Federacións Española e Catalá de Voleibol, o Concello de Sant Cugat del Vallès, e o mesmo Club Voleibol de Sarrià, decidiuse trasladar a sede deste club a Sant Cugat. A partir dese momento, o Club Voleibol Sarrià pasou a denominarse Club Voleibol Sant Cugat, situándose en Valldoreix, aproveitando estas novas instalacións.

Posteriormente, tras un novo acordo co Concello de Sant Cugat, o club pasou a colaborar coa Oficina Municipal de Deporte para Todos, para xerar unha canteira nas diversas escolas da cidade ata chegar a ter 10 equipos escolares que conforman a base do Club.

Durante estes anos houbo equipos femininos de categoría Sénior, que militaron nas máximas categorías do voleibol no estado español, sendo na actualidade o equipo catalán que máis tempadas (sete) disputou a Superliga Femenina (División de Honra), converténdose así no referente do voleibol feminino en Cataluña.

Carlos Castro foi o fundador e primeiro presidente desta entidade ata o ano 2004, cando decidiu deixar o cargo logo de dezaseis anos, en mans do vicepresidente, Francisco Tortosa, que asumiu o cargo co compromiso de convocar novas eleccións á presidencia antes de comezar a nova tempada 2005-06.

Por este club pasaron numerosas xogadoras de alto nivel que posteriormente asinaron por outros clubs. Actualmente dispón dun equipo nas categorías Sénior, Xuvenil, Cadete e Infantil suficientemente importante, dándose o caso de que algunhas delas teñen recibido bolsas da Federación Catalá de Voleibol dentro do programa de Alto Rendemento de Cataluña, e en varias ocasións foron convocadas polas Seleccións española e catalá.[1]

  1. "Información oficial del club (en catalán)". Arquivado dende o orixinal o 23 de decembro de 2010. Consultado o 23 de maio de 2011. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]