O Club Voleibol Almería é un equipo de voleibol masculino da cidade de Almería, Andalucía (España). O club foi fundado en 1986 e actualmente compite na Superliga, a máxima competición de clubs de voleibol do estado español.
O club foi fundado en 1986 por iniciativa dun grupo de estudantes. O seu primeiro grande éxito chegou en 1995, cando da man da entidade bancariaUnicaja o potencial do club subiu e culminou coa consecución da Copa do Rei. O seu primeiro título de liga chegou en 1997 e conseguiu sete títulos ligueiros máis ata o 2005. En 1998 chegou á final da Copa de Europa, perdendo fronte ao Unibon Modena.