Club Regatas Perillo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 18 de febreiro de 2010 ás 17:48 por Toliño (conversa | contribucións) (corrixo a cat)

O Club Regatas Perillo é un club galego de remo de Perillo, no concello de Oleiros (A Coruña). O club foi fundado en 1970 e actualmente compite na Liga Noroeste de Traíñas.

Historia

O Club Regatas Perillo nace en Outubro co ánimo de promover e desenvolver o deporte do remo na localidade oleirense. O entusiasmo posto por aquelas persoas que promoveron a creación do club fixo que se desenvolveran un bo número de actividades dentro desta sociedade ademais do remo, tales coma a pesca, halterofilia, tenis de mesa, windsurf, etc.

Momento no que se recibe a primeira traíña

Son tres décadas dende aquela ben diferenciadas; nos anos '70 unha grande actividade social móvese en Perillo arredor deste club, dando os seus primeiros pasos na participación en Campionatos de España de Traíñas e bateles e o título galego nas dúas modalidades en diferentes anos; os anos '80 destacan pola introdución ao Banco Móvil e a participación nos primeiros Campionatos Estatais; é na década dos '90 cando comezan os títulos e medallas, así coma o recoñecemento deste club a nivel estatal, chegando a ser recibidos os seus remeiros polo daquela Presidente da Xunta (Manuel Fraga Iribarne) en 1998. Tamén nesta década comeza a participación das primeiras tripulacións femininas, que pronto recollen bos resultados.

Palmarés

Véxase tamén

Ligazóns externas