Club de Amigos de la UNESCO de Madrid
Aparencia
Club de Amigos de la UNESCO de Madrid | |
---|---|
Tipo | asociación e Club UNESCO |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Club de Amigos de la Unesco de Madrid (CAUM) é unha asociación non gobernamental española.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Constituído o 15 de marzo de 1961 baseado nos postulados que impulsaron a fundar en 1947 o Movemento Mundial, recoñecido pola UNESCO en 1949.
Baixo a presidencia de Rafael Taibo, nos anos sesenta acolleu as reunións do Círculo de Estudos Galegos, un grupo de intelectuais galegos en Madrid. Xosé Ramón Fernández-Oxea daba leccións de galego e Ramón de Valenzuela de Xeografía e Historia de Galicia.
Nos anos oitenta foi presidido por Joaquín Ruiz-Giménez e sufriu un atentado en xaneiro de 1980[1].