Rafael Taibo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRafael Taibo
Biografía
Nacemento1935 Editar o valor em Wikidata (88/89 anos)
Ferrol, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0846749 Musicbrainz: e3458574-73b5-4cb3-88b8-1c1f7e45f4ed Discogs: 1689552 Editar o valor em Wikidata

Rafael Taibo, nado en Ferrol no ano 1935 é un locutor, actor e recitador galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comeza a súa carreira na emisora local Radio Ferrol e no grupo de teatro Talía de Ferrol, onde estuda cos frades mercedarios. Cursando xa os estudos universitarios na facultade de Dereito de Santiago de Compostela comeza a colaborar con Radio Galicia e co grupo universitario de teatro TEU (Teatro Español Universitario). Traballando xa en Madrid fai parte do cadro de actores de Cadena SER e comeza a traballar en dobraxe, publicidade e televisión. Ingresa tamén en Radio Nacional de España, casa que debe abandonar en 1963 por motivos políticos, debido á súa pertenza ao Club de Amigos de la UNESCO de Madrid (CAUM), que presidirá durante 18 anos. En 1978 regresa a Radio Nacional, encargándose das retransmisións de concertos de Radio Clásica. A súa voz faise moi popular grazas a ditas retransmisións e á narración de documentais, especialmente da serie Jacques Cousteau.[1]

Carreira profesional[editar | editar a fonte]

Obras como recitador[editar | editar a fonte]

  • Radio Stress, de Miguel Alonso (Premio Italia 1980).
  • Sin orden ni concierto, de José Luis Turina (Premio Italia 1983).
  • Pasión según San Marcos, de Tomás Marco (estrea na Semana de Música Religiosa de Cuenca en 1983).
  • Misa del gallo en la Edad Media (Grupo Alfonso X. Igrexa de San Miguel. Cuenca).
  • Laudes Creaturarum, de Goffredo Petrassi (Lunes Musicales de RNE. Grupo LIM. 1984).
  • Recital poético-coral con Coral Salvé de Laredo. Dir: J. L. Ocejo (San Jerónimo. Madrid. 1985).
  • Lelio, op. 19b de H. Berlioz (Teatro Real de Madrid e Praza Porticada de Santander. Orquesta e Coro Nacionales de España. Dir: Jesús López Cobos 1985) (Palau de la Música. Orquesta e Coro de Valencia. Dir: Manuel Galduf. Valencia. 1993).
  • Egmont, op. 24 de L. van Beethoven (Teatro Real. Orquesta Nacional de España. Dir: J. López Cobos. Madrid. 1985) (Auditorio Nacional. Orquesta Sinfónica de Madrid. Dir: Odón Alonso. Madrid. 1995) (Otoño Musical Soriano. Orquesta Clásica de Madrid. Dir: Odón Alonso. Soria. l995) (59ª quincena musical de Donostia. Philharmonia orchestra. Dir: Gennadi Rozhdestvensky. Donostia. 1998) (Orquesta Sinfónica de Madrid. Dir: A. Ros Marbá. Valladolid. 1999) (XII Festival Ciudad de Úbeda. Orquesta Nacional de España. Dir: José de Eusebio. Úbeda. 2000) (Palau de la Música. Orquestra de Valencia. Dir: M. A. Gómez Matínez. Valencia. 2003) (Auditorio de Galicia. Real Filharmonía de Galicia. Dir: A. Ros Marbá. Santiago. 2004) (Teatro Cervantes. Orquestra Filharmónica de Málaga. Dir: Aldo Ceccato. Málaga. 2005).
  • Totemtanz, de H. Distler ( Igrexa de los Jerónimos. Coro de RTVE. Dir: Jordi Casas. Madrid. 1988) (Auditorio Nacional. Coro da Comunidade de Madrid. Dir: Martin Schmidt. Madrid. 2003) (Auditorio CAM Alicante. Coro Comunidad de Madrid. Dir: Jordi Casas. 2003).
  • Llanto por Ignacio Sanchez Mejías, de M. Ohana (Palau de la Música. Orquesta Municipal de Valencia. Dir: Luis Izquierdo. Valencia. l989) ( Auditorio Nacional de Música. Orquesta Clásica de Madrid. Dir: Luis Izquierdo. Madrid. 1990).
  • Peer Gynt, de E. Grieg (Auditorio Nacional de Música. Orquesta e Coro Nacionales de España. Dir: Gerd Albrecht. Madrid. 1989).
  • Solimán y la Reina de los Pequeños, de Francisco Cano (Orquesta Sinfónica de RTVE. Dir: Odón Alonso. 1994).
  • Dramas Litúrgicos, co Grupo de Música Alfonso X el Sabio.
  • Getsemaní de Gabriel Fernández Alvez (39ª Semana de Música Religiosa de Cuenca. Orquesta Sinfónica e Coro de Madrid. Dir: Jan Cayers. Cuenca. 2000).
  • Homenaje a Barbieri (Veranos de la Villa 1994, Patio Conde Duque. Orquesta Sinfónica RTVE. Dir: E. García Asensio. Madrid).
  • Servicio Sagrado de E. Bloch (Teatro Monumental. Orquesta Sinfónica e Coro de RTVE. Dir: Murry Sidling. Madrid. 1995).
  • Las Encantadas de T. Picker; La mota de polvo, de F. Palacios; Babar el Elefante, de F. Poulanc; La Noche, de J. de la Vega; Las Baquetas de Javier de F. Palacios; El aprendiz de brujo, de P. Dukas (Teatro Monumental. Orquesta Sinfónica de RTVE. Dir: Sergiu Comissiona. Madrid).
  • Ferdinand el toro, de Alan Ridout, con Pedro León ao violín (Teatro Monumental. Madrid. 1993).
  • Las Siete Palabras de Cristo en la Cruz, de Haydn (Le Concert des Nations, Catedral de Sevilla. Dir: Jordi Savall. 1990). (Amsterdamse Bach Solisten. Dir: Roy Goodman. Amsterdam. 1993. Dir: Marc Minkowski. Utrech. 1997) (Printemps Carougeois. Orchestre de chambre de Genève. Dir: Marc Minkowski. Ginebra. l996).
  • Cántico de Mallick, de Jacobo Durán-Loriga (Auditorio Nacional de Música. Orquesta e Coro Nacionales de España. Dir: E. García Asensio. Madrid. 1994).
  • Una velada con H.C. Andersen (Festival Cultura Nórdica. Teatro Cabaret. Madrid. 1995).
  • El Rey David, de A. Honegger (Semana de Música Religiosa de Cuenca. Orquesta de Cadaqués e Coro de la Comunidad de Madrid. Dir: Gennadi Rohzdestvensky. 1995).
  • La Historia del soldado, de I. Stravinsky (Cámara XXI. Dir: P. Osa) (Grupo Mabra. Dir A. Zarzo. 1997).
  • Romance y Cantata de La Laguna Negra de Ignacio Nieva, estrea mundial (Otoño Musical Soriano. l995).
  • La Peste de R.Gerhard (JONDE e Coro Sinfónico da BBC. Dir: Edmon Colomer. Donostia e Zaragoza. l996).
  • Boceto Místico, de A. Núñez (Coro Nacional de España. Auditorio Nacional. Madrid. 1998).
  • Pedro y el Lobo, de S. Prokofiev (Orquesta Sinfónica de Alacant. Dir: Joan Iborra, 1997) (Teatro Monumental. Orquestra Sinfónica de RTVE. Dir: Sergiu Comissiona. Madrid. 1998) (Teatro Echegaray. Banda de Música da Societat Unió Artística Musical de Ontinyent, Valencia, 1998).
  • Oedipus Rex, I. Stravinski (Filharmónica dos Ánxeles - Orfeón Donostiarra. Dir: Esa-Pekka Salonen. Auditorio Nacional. Madrid. 1997).
  • Iván el Terrible, de S. Prokofiev (Orquestra Ciudad de Málaga. Coro de ópera de Málaga. Dir: Odón Alonso. 1997).
  • Dos Melodramas, de R. Strauss (Fundación Juan March. Logroño e Madrid. 1998).
  • Los secretos del búho, de D. Basomba (Club Diario Levante. Trío Dipais. Valencia. 2000).
  • Pablo Neruda regresa a Madrid, recital poético-musical (Casa de las Flores. Madrid. 2001, 2004) (Casa de América. Madrid. 2003) (Paraninfo. Universidad de Alacant. 2003).
  • Divina Res es música, con Egidius Kwartet (Monasterio de los Reyes. Valencia. 2002).
  • Becqueriana, recital poético-musical, con Josué Bonnín de Góngora (piano e composición), en distintas salas de Madrid (2002, 2003, 2004, 2005).
  • Escrito está en mi alma, en torno a Garcilaso de la Vega, co grupo musical El Cortesano (Estella, Toledo, Denia, Vigo, Valladolid, Nova York ... 2002, 2003, 2004, 2005) (V Festival de Artes Escénicas. Corral de Comedias. Alcalá de Henares. 2005) (Quincena Musical Donostiarra 2005. Convento de Santa Teresa, Donostia) (XIV Festival Internacional Camino de Santiago. Xaca, 2005) (Gira Marrocos. Casablanca, Rabat, Fez, Tánxer. Febreiro de 2006) (Festival de Ópera e Música Clásica de Ponte de Lima, Portugal. Xullo de 2006) (Palacio de la Salina, Salamanca. Xullo de 2006).
  • A Garcilaso, recital con Francisco Cano ao piano (Batres. 2002).
  • Bicentenario H. Ch. Andersen (Pavillón Jardines Cecilio Rodríguez, Parque del Retiro. Madrid. 2004) (Edición discográfica "Cuentos Andersen", 2005).
  • La flauta mágica, de W. A. Mozart co Teatro Lírico Andaluz (Cabra, Málaga. 2004)
  • Don Quijote, música e poesía, con Rafael Serrallet (guitarra barroca e vihuela) (Auditorio Padre Soler. Madrid; Teatro de la Maestranza. Sevilla. 2005) (xira centroamericana: Guatemala, O Salvador, Honduras, Nicaragua, Costa Rica, Panamá. 2005) (Vélez Blanco, 2005).
  • La canción de La Tierra, de Gustav Mahler. Dirección: Ramón Torrelledó. Auditorio Nacional de Música, Madrid, 2010.
  • España Lírica, co Teatro Lírico Andaluz. Poemas de autores andaluces. Rincón de la Victoria, Málaga, 2010.

Películas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]