Saltar ao contido

Clordiacepóxido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O clordiacepóxido é unha droga hipnótica derivada das benzodiacepinas. Posúe propiedades de sedación, ansiolise e relaxación muscular.

O clordiacepóxido foi a primeira benzodiacepina en ser sintetizada e disposta para a súa comercialización. Foi descuberta accidentalmente por Leo Sternbach a mediados dos 50, e comercializada por Roche Pharmaceuticals en 1960. Ten unha vida media de eliminación moderada a larga.

Sternbach desenvolvería máis tarde o diacepam, vendido por Roche dende 1963. Logo outras compañías desenvolverían moitas outras variedades desta droga.

A medida que as prescricións de benzodiacepinas foron en rápido ascenso a finais dos 60 e nos anos 70, o problema da dependencia a estas drogas comezou a xurdir. Porén, o clordiacepóxido é aínda un tratamento eficaz para os pacientes que sofren de cadros de ansiedade aguda. Aínda se produce e prescribe hoxe en día, xunto cunha ampla variedade de benzodiacepinas, todas con características similares.

Mecanismo de acción

[editar | editar a fonte]

Crese que o clordiacepóxido actúa sobre os receptores GABA tipo A, producindo un efecto inhibitorio similar á doutras benzodiacepinas.

O clordiacepóxido bloquea o aumento de actividade eléctrica cerebral proveniente da estimulación da formación reticular no tronco do encéfalo.

En estudos animais comprobouse unha acción sobre o sistema límbico do cerebro, o cal ten que ver cos efectos emocionais da droga. Estes efectos son fundamentalmente a diminución do medo e da agresividade.

Indicacións

[editar | editar a fonte]

O clordiacepóxido indícase para o tratamento de:

Posoloxía

[editar | editar a fonte]

O clordiacepóxido está dispoñible en presentacións de 5 mg, 10 mg e 25 mg.

Efectos adversos

[editar | editar a fonte]

Os efectos adversos comúns do clordiacepóxido inclúen:

Contraindicacións

[editar | editar a fonte]

O uso do clordiacepóxido debe evitarse en persoas coas seguintes condicións:

Sobredose

[editar | editar a fonte]

Un individuo que consumiu demasiado clordiacepóxido pode presentar un ou máis dos seguintes síntomas:

En modelos animais, a dose letal DL50 oral é de 537 mg/kg.

A sobredose de clordiacepóxido é considerada unha emerxencia médica e require, polo xeral, a asistencia inmediata de persoal médico. O antídoto para unha sobredose de clordiacepóxido (como con calquera outra benzodiacepina) é o flumacenil.

Consideracións legais

[editar | editar a fonte]

Internacionalmente, o clordiacepóxido é unha droga en lista IV segundo o Convenio sobre substancias psicotrópicas[1].

  1. "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de marzo de 2007. Consultado o 24 de maio de 2007. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre química é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.