Clive Branson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Clive Ali Chimmo Branson nado en 1907 e finado o 25 de febreiro de 1944, foi un artista e poeta inglés, e un comunista activo na década de 1930. Varias das súas pinturas están na Tate Gallery. A súa esposa era Noreen Branson (nada en maio de 1910 e finada en outubro de 2003). A súa filla é a artista Rosa Branson (nada en 1933), e Richard Branson é parente seu.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi un activo recrutador das Brigadas Internacionalis, e el mesmo loitou na guerra civil española desde xaneiro de 1938, sendo capturado en Calaceite o 31 de marzo de 1938. Como prisioneiro de guerra no campo do bando nacionalista de San Pedro de Cardeña, pintou e debuxou o campo e moitos dos seus recrusos, a petición das autoridades; parte desta obra pervive na Marx Memorial Library de Londres.[2]

Casou con Noreen Browne en 1931. A súa filla Rosa Branson naceu en 1933. Morreu en combate en Birmania o 25 de febreiro de 1944, onde serviu como sarxento no exército británico, como parte do 54.º Rexemento de Adestramento dos Royal Armored Corps.[3]

Branson morreu comandando un tanque M3 Lee do Escuadrón B, 25th Dragoons. Recibiu un golpe fatal na parte posterior da cabeza por un proyectil antitanque xaponés ao final da batalla de Admin Box. Branson era un home popular na unidade e a súa tripulación ficou "inconsolable".[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. taxicharity (2021-03-16). "Artist Rosa Branson MBE and the Taxi Charity". taxicharity (en inglés). Consultado o 2022-03-11. 
  2. Baxell, Richard (2012). The unlikely warriors; the untold stories of the Britons who Fought Franco. Aurum. p. 448. ISBN 978 1 84513 697 0. 
  3. History of communism. 1997. p. 55. ISBN 0-85315-862-2. 
  4. Holland, James (2016). Burma '44. London: Corgi. pp. 359–60.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • British Soldier in India: The Letters of Clive Branson (1945), con introdución de Harry Pollitt.
  • Richard Baxell. Unlikely Warriors: The British in the Spanish Civil War and the Struggle Against Fascism (Londres: Aurum, 2012)
  • Richard Knott: The Secret War Against the Arts (Pen & Sword, 2020).

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • Clive Branson, traballos na galería Tate [1]
  • Recensión sobre Clive e Rosa Branson [2]