Claude Gregory
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 26 de decembro de 1958 (65 anos) Washington, D.C., Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Universidade de Wisconsin-Madison | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 203 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 93 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1981 - 1990 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Baloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Ala | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Convocado por | Washington Wizards | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Claude Andre Gregory, nado o 26 de decembro de 1958 en Washington, D.C., é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense formado na Universidade de Wisconsin-Madison xogou na NBA e nas principais ligas de Europa como a LNB, a Lega e a ACB. Cunha altura de 2,03 metros xogaba na posición de pivote.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Universidade
[editar | editar a fonte]Xogou durante catro tempadas[1][2] cos Badgers da Universidade de Wisconsin-Madison, nas que fixo unha media 15,9 puntos e 8,2 rebotes por partido. Ten a marca de rebotes da historia dos Badgers, con 904. Na súa última tempada foi elixido o segundo mellor quinteto da Big Ten Conference.
Profesional
[editar | editar a fonte]Foi elixido na cuadraxésimo primeira posición do Draft da NBA de 1981 por Washington Bullets, pero foi despedido antes do comezo da tempada. Acepta entón marchar a xogar á liga española fichando polo recentemente creado equipo do Zaragoza Skol, onde se converte no primeiro xogador estranxeiro en vestir a súa camiseta. Acabou a tempada como terceiro mellor anotador e segundo reboteador da liga. Ao ano seguinte ficha polo Baskonia onde acaba como máximo anotador da competición cunha media de 30,9 puntos por partido.
Regresa en 1984 para xogar nos Evansville Thunder da CBA, onde xoga ata que en 1985 asina un contrato de 10 días cos Washington Bullets, pero só disputa dous minutos repartidos en dous partidos nos que anota dous puntos. Volve á CBA para xogar dúas tempadas nos La Crosse Catbirds, sendo en ambas as elixido no mellor quinteto da liga e convocado para disputar o All-Star Game. A súa actuación na liga fíxolle merecedor de aparecer no equipo do 50 aniversario da competición.
Coa tempada 1987-88 bastante avanzada, ficha por dez días por Los Angeles Clippers, sendo renovado até o final da mesma. Alí disputa 23 partidos, 2 como titular, nos que fai unha media de 5,8 puntos e 4,1 rebotes. A súa mellor actuación sería nun partido ante Golden State Warriors, conseguindo un dobre-dobre, con 15 puntos e 12 rebotes. Ao ano seguinte regresa a Europa, para fichar polo Pau-Orthez da liga francesa, marchándose ao ano seguinte á liga italiana fichando polo Cantine Riunite Reggio Emilia, pero só disputa dous partidos nos que fai 15,5 puntos e 6 rebotes por partido antes de ser despedido. En 1990 ficha polo Dyc Breogán de Lugo da liga ACB, onde xoga 18 partidos nos que fai unha media de 18,4 puntos e 8,6 rebotes, sendo substituído no mes de decembro por Mike Giomi.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Estatísticas de Gregory en TDR
- ↑ "UWBadgers.com - The Official Web Site of the Wisconsin Badgers - Men's Basketball". Arquivado dende o orixinal o 10 de maio de 2013. Consultado o 30 de xuño de 2011.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Perfil na web da NBA
- Perfil na web da ACB
- Estatísticas en Basketball-reference Arquivado 30 de decembro de 2011 en Wayback Machine.
- Pivotes de baloncesto
- Eleccións no Draft da NBA dos Washington Bullets
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Xogadores de baloncesto da ACB
- Xogadores dos Washington Bullets
- Xogadores dos Los Angeles Clippers
- Xogadores do CB Zaragoza
- Xogadores do Club Baloncesto Breogán
- Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Nados en Washington, D.C.
- Nados en 1958