Clara Moraleda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Clara Moraleda
Nacemento14 de xaneiro de 1994
Lugar de nacementoBarcelona
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónactriz e youtubeira
Na rede
IMDB: nm4570760 Instagram: leopoldaolda Youtube: UCrR37-lPS346hidqb8RsAbA Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Clara Moraleda Torrodellas, nada en Barcelona o 14 de xaneiro de 1994, é unha actriz, cantante e youtubeira catalá, coñecida neste último medio polo pseudónimo Leopolda Olda, popularmente "Leo".

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a súa traxectoria artística profesional interpretando o papel de July no filme Atrocious (2010),[1] do director Fernando Barreda Luna. Despois de rematar os estudos secundarios e de formarse como cantante,[2] interrompeu a carreira universitaria de Tradución e Interpretación para dedicarse á súa vocación artística,[2] que desenvolve en diferentes ámbitos.

Como actriz de musicais, interpretou os papeis de Montserrat e de Saïd (neno) na terceira reposición de Mar i Cel (2014), o de La Maca en Fang i setge (2016),[3] o de Fanny en Scaramouche (2016),[4] polo que foi candidata finalista na categoría de mellor actriz secundaria na edición de 2017[5] dos Premios del Teatro Musical, e o de Thea en El despertar de la primavera (2019).[6][7]

En teatro de texto, representou o papel de Angélique Diderot na obra El Llibertí (2018),[8] e diversos personaxes nunha adaptación da obra Peter Pan (2019).[9]

Como actriz de dobraxe, participou no filme Mara und der Feuerbringer (2017), poñendo voz ao personaxe de Larissa.[10] Tamén traballou poñendo a súa voz en anuncios comerciais para a radio.

Na súa faceta de youtuber como Leopolda Olda,[11] comezou cunha de vídeos en lingua catalá,[12] que lle trouxo popularidade entre os adolescentes polos tremas que trata, con humor e desmitificacións, achegados ás inquedanzas deste grupo de idade.[13][8][11]

En 2017, publicou o libro Excuses barates[14] (editorial Columna), no que amplía algúns dos temas dos vídeos.[11] Continuando a súa vocación literaria, xa como Clara Moraleda, publicou en 2020 o libro "El teu nom"[15] (editorial Columna), recompilación de relatos breves que ficou finalista do premio Josep Pla de narrativa no mesmo ano,[15] ao que se presentou baixo o pseudónimo Cleta Torrodellas.[16]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Elenco do filme Atrocious". Consultado o 2 de xullo de 2020. 
  2. 2,0 2,1 "Entrevista al diari el9nou". Consultado o 2 de xullo de 2020. 
  3. "Entrevista per universitaris.cat". Consultado o 2 de xullo de 2020. 
  4. "Elenco da obra Scaramouche". Consultado o 2 de xullo de 2020. 
  5. "Premios Teatro Musical 2017". Consultado o 2 de xullo de 2020. 
  6. "Ficha artística da obra El despertar de la primavera". Arquivado dende o orixinal o 17 de xullo de 2019. Consultado o 2 de xullo de 2020. 
  7. "Web Teatre Barcelona". Consultado o 2 de xullo de 2020. 
  8. 8,0 8,1 "Entrevista en RAC1". Consultado o 2 de xullo de 2020. 
  9. "Crítica en La Vanguardia". Consultado o 2 de xullo de 2020. 
  10. "eldoblaje.com". Consultado o 2 de xullo de 2020. 
  11. 11,0 11,1 11,2 "Entrevista no programa 7 dies de el9nou TV". Arquivado dende o orixinal o 02 de xullo de 2020. Consultado o 2 de xullo de 2020. 
  12. "Leopolda Olda - Coses que passen". Consultado o 2 de xullo de 2020. 
  13. "Entrevista no diario El Punt Avui". Consultado o 2 de xullo de 2020. 
  14. "Leopolda Olda - Excuses barates". Consultado o 2 de xullo de 2020. 
  15. 15,0 15,1 "Clara Moraleda - El teu nom". Consultado o 10 de febreiro de 2020. 
  16. "Noticia a "Aldia.cat"". Consultado o 2 de outubro de 2020.