Clémentine Nzuji

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaClémentine Nzuji
Biografía
Nacemento21 de xaneiro de 1944 Editar o valor em Wikidata (80 anos)
Tshofa Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRepública Democrática do Congo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Lovanium
Universidade Católica de Louvain Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora , académica , crítico de arte Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata


Clémentine Faik Nzuji, tamén chamada Clémentine Faïk-Nzuji Madiya, nada en Tshofa (provincia de Lomami) o 21 de xaneiro de 1944, é unha escritora en lingua francesa da República Democrática do Congo. Foi a primeira escritora do seu país. Albert S. Gérard refírese a ela como "a primeira poeta de significado real" entre un grupo de escritores africanos que se deron a coñecer a finais da década de 1960.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu cando o seu país era o Congo Belga.[2] Graduouse na Universidade Lovanium[3] Doutorouse en Estudos Africanos pola Universidade de París.[2]

É membro fundador de Pléiade du Congo, un grupo literario de Kinshasa,[1][4] e liderou o nacemento do International Centre for African Languages, Literatures and Traditions in favour of Development (CILTADE) da Universidade Católica de Lovaina.[4] Estudou a lingüística e a literatura oral das linguas bantús.[5]

Está casada e tivo cinco fillos e fillas[2]. Boa parte dos seus poemas falan da súa familia.[1]

Obra[editar | editar a fonte]

  • Murmures (poesía; 1968)
  • Kasalà (poesía; 1969)
  • Le temps des amants (poesía; 1969)
  • Énigmes lubas = Nshinga: étude structurale (ensaio; 1970)[6]
  • Lianes (poesía; 1971)
  • Lenga et autres contes d'inspiration traditionnelle (relatos; 1976)
  • Gestes interrompus (poesía)
  • Cité de l'abondance (relatos; inédito [1986])
  • Frisson de la mémoire (relatos; 1993)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Gérard, A. S. (1986). "European-language Writing in Sub-Saharan Africa". Comparative history of literatures in European languages 6. John Benjamins Publishing Company: 546. ISBN 978-963-05-3832-9. .
  2. 2,0 2,1 2,2 "Clémentine Nzuji". Universidade de Australia Occidental. Arquivado dende o orixinal o 07 de outubro de 2006. Consultado o 15 de agosto de 2019. 
  3. Janheinz, J.; Ulla, S.; Seiler, A. N. (1972). "Nzuji, Clémentine". Who's who in African literature: biographies, works, commentaries. H. Erdmann. p. 183. ISBN 978-3-7711-0153-4. .
  4. 4,0 4,1 Spleth, J. (2003). "Nzuji, Clémentine Madiya". En Gikandi, S.. Encyclopedia of African literature. Taylor & Francis. p. 401. ISBN 978-0-415-23019-3. .
  5. John Middleton (1997). Encyclopedia of Africa south of the Sahara 4. C. Scribner's Sons. p. 194. ISBN 978-0-684-80466-8. .
  6. "Énigmes lubas = Nshinga: étude structurale". Worldcat. Consultado o 26 de outubro de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Zents, R. D. (2000). Poetry as empowerment: a study of the poetic images and poetic language in the works of Clémentine Madiya Faïk-Nzuji. University of North Carolina at Chapel Hill. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]