Ciudad de M

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ciudad de M
Ficha técnica
Título orixinalCiudad de M
DirectorFelipe Degregori
GuiónOscar Malca
Giovanna Pollarollo
Baseado enAl final de la calle
(Oscar Malca)
IntérpretesSantiago Magill
Christian Meier
Vanesa Robbiano
Gianella Neyra
Estrea2000
Duración105 min.
OrixePerú
XéneroDrama

Ciudad de M é unha película dramática peruana do ano 2000 dirixida por Felipe Degregori e protagonizada por Santiago Magill, Christian Meier, Vanessa Robbiano e Gianella Neyra

A película é unha adaptación da novela Al final de la calle escrita por Oscar Malca, obra que aborda a temática da delincuencia xuvenil dentro da miseria urbana.

Argumento[editar | editar a fonte]

M (Santiago Magill) é un home que busca emprego en Lima, mais os únicos documentos cos que conta son a súa partida de nacemento, o seu certificado de estudos secundarios e o seu certificado de boa conduta. Súa namorada Sandra (Gianella Neyra) pensa que todo sería diferente se el encontrara traballo. A súa amiga Silvana (Vanessa Robbiano) quere axudalo na busca de emprego, e preséntanlle un tío seu. Aos seus amigos Caníbal (Pierre Linares) e o Gordo (Francisco Salas) ocorréuselles pór un negocio de gardenias e queren que M forme parte de dita empresa. Os seus outros amigos Pacho (Christian Meier) e El Coyote (Jorge Madueño) queren irse do país a costa dun negocio lucrativo, pasando cocaína aos Estados Unidos, e queren que M forme parte desta aventura.

A película amosa as diferentes opcións que se lle presentan a un peruano en xeral para saír adiante: a axencia de emprego, os contactos, o negocio propio e a opción de emigrar. Algúns pensan que é mellor irse, outros que o negocio propio para que medre o país, pero ao fin e ao cabo, o importante é facer algo e non ficar sentado esperando a que pase algo na túa vida.

Elenco[editar | editar a fonte]

Banda sonora[editar | editar a fonte]

  1. La Liga del Sueño - Mala sangre
  2. Dolores Delirio - A cualquier lugar
  3. G3 - Mayoria equivocada
  4. Indigo - Voces lejanas
  5. Madre Matilda - Manos blancas
  6. Rafo Raez - Tronador
  7. Histeria Colectiva - Retorcido corazón
  8. El Ghetto - Apagón general
  9. Metadona - Las calles de mi ciudad
  10. Gireh - Marcada una mujer
  11. Psicosis - Cuidado
  12. La Sarita - Mas poder
  13. Radio Criminal - No creo en tu ley
  14. Electro Z - Gritame
  15. Dale Vuelta - Interior
  16. Armagedon - Dejame soñar
  17. Futuro Incierto - Entre las piedras
  18. Ruido Negro - A ciegas por un camino
  19. Carnaval Maléfico - Vivo buscando
  20. Tres Al Hilo - Ya estamos aqui
  21. Manganzoides - Tren fantasma