Cirrio eurasiático
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2015.) |
Cirrio eurasiático Apus apus | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Cirrio en Barcelona | |||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Apus apus (Linnaeus, 1758) | |||||||||||||||||
O cirrio eurasiático,[2] comunmente cirro[3] ou birrio[4] (Apus apus) é unha ave da familia das apodiformes (Apodidae). O seu nome científico que lle deu Carl von Linné vén do grego απους, apous e significa sen pés. De feito os pés e patas son pouco visibles. A súa semellanza externa coas andoriñas, coas que non esta relacionado, é froito da converxencia evolutiva.
Ningunha outra ave pasa tanto tempo no aire coma o cirro. Suponse que poden voar sen pousarse durante anos, e abandonan o voo só para criar. O primeiro voo despois de deixa-lo niño pode durar xa días. Beben e dormen voando. Poden acadar velocidades de 200 km/h, o que os converte nunha das aves máis rápidas.
Descrición
[editar | editar a fonte]Ten aproximadamente o tamaño dunha andoriña, uns 16 cm. de lonxitude, pero as envergadura das ás é meirande, de 40 a 45 cm. Pesan uns 40 gramos. A cor da plumaxe vai do negro acastañado ó negro intenso. Na gorxa ten unha mancha máis clara, difícil de ver cando voa. O aspecto exterior de machos e femias é semellante. O seu voo e rápido e elegante. O seu chío penetrante pódese escoitar no verán mesmo en moitas cidades. O chío das femias ten un ton máis alto có dos machos.[5][6]
Distribución xeográfica
[editar | editar a fonte]En Europa viven en áreas cultivadas, en xeral preto ou dentro das cidades, que parecen preferir ás vilas máis pequenas ou ás aldeas. Son migradores de longas distancias, que pasan o inverno en África ecuatorial e do sur.
Reprodución
[editar | editar a fonte]Forma colonias para face-los niños. É moi fiel os lugares de nidificación e, en moitas ocasións, escolle a mesma parella do ano anterior. Escolle para o seu niño ocos en paredes ou debaixo dos teitos de edificios, a moita distancia do chan. A parella recolle material para o niño mentres voa. Poñen de dous a tres ovos que son incubados polos dous membros da parella. Os polos tardan ata 27 días en saír do ovo, dependendo do tempo atmosférico, e son capaces de voar cando teñen 40 días de vida. En épocas de tempo excepcionalmente malo, os polos entran nunha especie de afirmación, no que poden resistir ata dúas semanas. Maduran sexualmente ó acabar o segundo ano de idade.
Outros aspectos do comportamento
[editar | editar a fonte]Varias veces ó día, especialmente entre lusco e fusco, os membros dunha colonia forman bandos non moi compactos e voan xuntos, chiando en alto, en grandes círculos. As causas deste comportamento non están claras. se cadra serven para marca-lo territorio de caza fronte a outras colonias. A crenza de que un cirrio pousado no chan non pode levantar o voo non é de todo exacta, polo menos no caso de individuos adultos sans coas ás ben desenvoltas. É certo, porén, que un cirrio nunca se pousa voluntariamente no chan.
Diferéncianse sen dificultade das andoriñas polo costume de vivir en grandes cidades e o costume de chiar cando voan, cousa pouco habitual nas andoriñas. As ás do cirrio son máis longas e finas, con forma de fouce, e a frecuencia de batido é máis alta.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BirdLife International (2012). "Apus apus". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 de novembro de 2013.
- ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05.
- ↑ Varios dicionarios
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para birrio.
- ↑ Peterson, Rogen; Mountfort,|Guy & Hollom, P. A. D. (1987): Guía de campo de las aves de España y de Europa. 4ª ed. Barcelona: Omega S. A. ISBN 978-84-2820-812-3, p. 176.
- ↑ Jonsson, Lars (2000): Aves de Europa con el Norte de África y el Próximo Oriente. Barcrlona: Omega S. A. ISBN 978-84-2821-007-2, p. 233.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Cirrio común |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Cirrio común |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Penas Patiño, Xosé M.; Carlos Pedreira López e Carlos Silvar (1991): Guía das aves de Galicia. A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-87674-06-2, p. 200.
- Sociedade Galega de Historia Natural (1995). Atlas de vertebrados de Galicia. Tomo II: aves. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. ISBN 84-87172-89-X.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- El vencejo común (en castelán).
- Monográfico sobre el vencejo común Ándalus. Asociacion andaluza para la supervivencia de la naturaleza y el medio ambiente (en castelán).
- Ficha da especie, por Javier Blasco-Zumeta e Gerd-Michael Heinze. Ibercaja Aula en Red (en castelán).