O Circuíto Internacional de Corea é un circuíto de automobilismo 5´62 quilómetros, situado en Yeongam, Jeolla Sur, Corea do Sur, a 400 quilómetros ao sur de Seúl e preto da cidade portuaria de Mokpo. Sede do Gran Premio de Corea de F1 resultado do acordo entre Bernie Ecclestone e o promotor coreano de F1, Korea Auto Valley Operation (KAVO - unha empresa conxunta entre M-Bridge Holdings e o goberno rexional de Jeolla Sur).
O deseñador alemán Hermann Tilke é o responsable do deseño da pista. O circuíto é parte permanente, parte urbano. A parte urbana da carreira é ao longo do porto deportivo, onde os espectadores poden ver a carreira desde o paseo marítimo, os iates e os hoteis. Parte das instalacións da cidade, tendas, restaurantes e cafés utilizanse como pit lane durante durante a fin de semana do Gran Premio de F1. No momento da primeira carreira de Fórmula un a única instalación rematada era o circuíto, sendo o resto do proxecto unha inmensa lameira, e segue así.
A primeira carreira de Fórmula Un disputouse en 2010. O acordo é por sete anos, cunha opción de cinco anos máis, co que chegaría ata o ano 2021. Tamén é o circuíto establecido para o regreso do Super Gran Premio de Corea de Fórmula 3 no 2010. A tempada 2013 foi a última na que se celebrou o Gran Premio de Corea, o cal quedou suspendido indefinidamente.
A capacidade do circuíto será de 135.000 espectadores.
Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto de Corea