Circuíto Internacional de Buddh
![]() | Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2017.) |
Circuíto Internacional Buddh | |
---|---|
Plano do Circuíto | |
![]() | |
Datos | |
Inauguración | Outubro 2011 |
Outros nomes | |
Carreiras | F1 |
Localización | ![]() |
Capacidade | 120.000 |
Lonxitude | 5´137 km |
Curvas | 16 |
Volta rápida | 1:27.249 |
Piloto récord | Sebastian Vettel |
Escudería récord | Red Bull |
Coordenadas | 28°21′2″N 77°32′6″L / 28.35056, -77.53500 |
Vista do circuíto | |
O Circuíto Internacional de Buddh, (en inglés Buddh International Circuit) en Greater Noida, Uttar Pradesh, India é un circuíto de carreiras de Fórmula 1 en construción, preto de Nova Deli. Será sede do Gran Premio da India de Fórmula 1 en 2011
Deseño[editar | editar a fonte]
O órgano reitor da Fórmula Un, a FIA, anunciou a inclusión do Gran Premio de Gran India en outubro de 2011, pero a confirmación da carreira estará suxeita a homologación do circuíto en xullo de 2011. Estímase que custará ao redor de 169 millóns de euros, espérase que estea terminado en xuño de 2011. Terá unha lonxitude de 5´14 km e unha área de 354 ha. e unha capacidade de 150.000 lugares sentados, ampliables a 200.000, máis tarde.
Circuíto[editar | editar a fonte]
O circuíto vai ser unha parte dos 10 km² da Cidade Deportiva Jaypee Greens, na que está previsto incluír un estadio de cricket o Greater Noida Cricket Stadium con 100.000 asentos, un campo de golf de 18 buratos, un estadio de hóckey de 25.000 asentos e unha academia de deportes.
Espérase que un coche de Fórmula Un faga unha volta aos 5.141 m de longo do circuíto, en 1 minuto, 27.02 segundos, a unha velocidade media de 210´03 kph. Ao final da longa recta entre as curvas 3 e 4, espérase que alcancen unha velocidade máxima duns 318 kph .
Nome[editar | editar a fonte]
Orixinalmente coñecida como "Circuíto Jaypee Group" ou "Jaypee International Race Circuit" polos propietarios do circuíto, o circuíto foi nomeado oficialmente Buddh International Circuit en abril de 2011. De acordo con Sameer Gaur, o Director Xerente e Director Executivo de Jaypee Sports Internacional, o nome derívase da palabra Buda, e representa a paz e a calma. O nome tamén é unha referencia ao distrito de Gautam Budh Nagar, no que se atopa o circuíto.
Palmarés[editar | editar a fonte]
Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto de Budh[editar | editar a fonte]
Ano | Piloto | Escudería | Duración | Lonxitude | Voltas | Velocidade media | Data | GP de |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2013 | ![]() |
Red Bull - Renault | 1:31:12.187 h | 5´137 km | 60 | 202´296 km/h | 27. outubro | ![]() |
2012 | ![]() |
Red Bull - Renault | 1:31:10.744 h | 5´137 km | 60 | 202´842 km/h | 28. outubro | |
2011 | ![]() |
Red Bull - Renault | 1:30:35.002 h | 5´141 km | 60 | 204´157 km/h | 30. outubro |
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Circuíto Internacional de Buddh ![]() |