Cipriano Fernández Brage
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Serantes, España |
Morte | 5 de novembro de 1936 Aranga, España |
Alcalde | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Lingua | Lingua castelá |
Cipriano Fernández Brage, nado en Serantes e finado en Aranga o 5 de novembro de 1936, foi un radiotelegrafista e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Na República foi concelleiro en Fisterra e logo do falecemento do alcalde Pedro Paz Rodríguez, foi elixido alcalde de Fisterra o 10 de novembro de 1932. Como alcalde promoveu a construción de fontes e lavadoiros e acometeu a instalación de alumeado eléctrico na capital municipal e en varias aldeas. Foi deputado provincial. Militante de Izquierda Republicana. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido por falanxistas en Fisterra, e apareceu morto no pozo da ponte da Castellana (Vilarraso, Aranga).
Predecesor: Pedro Paz Rodríguez |
Alcalde de Fisterra 1932 - 1936 |
Sucesor: ? |
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Lamela, Luís: "Cipriano Fernández: otra víctima de la barbarie" La Voz de Galicia, 5/12/2016.
- Carrillo Ugarte, José Fernando (15/1/2007). "Víctima de la Intolerancia". La Voz de Galicia. Arquivado dende o orixinal o 02/02/2017. Consultado o 26 de xaneiro de 2017.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Cipriano Fernández Brage na páxina web Nomes e Voces.