Cipriano Casteleiro Feal
Cipriano Casteleiro Feal | |
---|---|
Nacemento | 12 de abril de 1913 |
Barallobre | |
Falecemento | 1985 |
Barallobre | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | militar e político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Cipriano Antonio Casteleiro Feal, nado en Barallobre (Fene) o 12 de abril de 1913 e finado no mesmo lugar en 1985, foi un militar e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Entrou na Armada con 16 anos. Cabo de Artillaría afiliado á CNT. Estaba enrolado no cruceiro Blas de Lezo cando se afundiu en 1932. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e estivo preso no buque prisión Plus Ultra, fondeado na ría de Ferrol. Conseguiu fuxir, chegando a nado a Barallobre, onde permaneceu agochado. Despois dun primeiro intento frustrado de marchar, o 21 de xullo do 1939 conseguiu embarcar en Ares con outros 26 republicanos na evasión do bou Ramón, conseguindo chegar a Francia. Ingresado nun Campo de refuxiados. Xulgado en Ferrol, foi declarado en rebeldía e fuxido. Traballou de leñador. En 1943, tras recalar no Brasil, instalouse no Uruguai. Cando morreu Franco visitou aos familiares en Barallobre grazas a unha colecta familiar coa que sufragou a viaxe. En 1980 retornou definitivamente a Barallobre onde morreu e foi soterrado en 1985.