Fita adhesiva

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Cinta adhesiva")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Dous tipos de fitas adhesivas.

A fita adhesiva[1] é unha fita preparada que se utiliza para unir obxectos de maneira temporal, e ás veces tamén de forma permanente, ou simplemente para cubrir un obxecto cunha película protectora.

A fita adhesiva xeralmente preséntase en forma de rolo, e elabórase con caucho sen tratar, levando unha emulsión adhesiva por unha cara, aínda que existen variedades adhesivas por ambas as caras.

Historia[editar | editar a fonte]

Foi inventada en 1925 por Richard Drew, da empresa 3M (Minnesota Mining and Manufacturing).[2] A fita orixinal era de papel coa substamncia adherente no dorso, e a partir desta creáronse as fitas transparentes e outras.

O invento de Drew foi comercializado como Scotch Tape.

Fitas adhesivas gaffer tape.[3]

Uso na arte[editar | editar a fonte]

A fita adhesiva é utilizada por artistas contemporáneos que se inspiran nela e a usan como material de creación. Por exemplo, o francés Yorga considera a fita adhesiva como unha aarte en si mesma.[4] E o inglés Jim Lambie utilizouna como un parterre coas cores do arco da vella, o franco-belga Olivier Blanckart creou esculturas orixinais, e o belga Gilcozar utilízaas esmagándoas sobre o lenzo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para fita.
  2. Taking Scotch® Tape to New Lengths — The evolution of a household product Arquivado 04 de decembro de 2014 en Wayback Machine.. En 3M Innovation (en inglés)
  3. As gaffer ou gaffer-tapes son fitas adhesivas moi anchas utilizadas polos técnicos que traballan no cinema, a televisión e os espectáculos (música, teatro etc.). Son moi resistentes, pero fáciles de cortar a man. Teñen un bo agarre, pero doadas de retirar, deixando puocos residuos. Moi versátiles, permiten colocar obxectos, pegándoos no chan ou sobre unha parede, e serven para marcar lugares se situiación, facer reparacións de urxencia etc.
  4. Yorga tisse sa toile En vivre-a-niort.com, 26 de xuño de 2012 (en francés).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]