Cininóxeno
Aparencia
Os cininóxenos son proteínas precursoras das cininas, pero tamén teñen outras funcións. As cininas son péptidos bioloxicamente activos; a forma parental é a bradicinina.
Hai dous tipos principais de cininóxenos, que están codificados no mesmo xene humano (KNG) e o transcrito dese xene sofre un empalme alternativo na rexión 3′ orixinando dous transcritos diferentes, que dan lugar aos dous tipos seguintes de cininóxenos:
- Cininóxeno de alto peso molecular, que é producido principalmente polo fígado, pero é sintetizado en células endoteliais e está presente nas plaquetas e neutrófilos. Actúa como cofactor para a precalicreína, o factor XI e o factor XII nos sistemas da coagulación e inflamación. Non ten actividade encimática intrínseca. Estes cininóxenos de alto peso moleclar son clivados dando bradicinina e calidina polas calicreínas do plasma e dos tecidos.
- Cininóxeno de baixo peso molecular, que é producido localmente en numerosos tecidos e segregado xunto coa calicreína.
Existe un terceiro tipo, o cininóxeno T (T-kininogen), que se encontra en ratas, pero non en humanos.[1]
Proteínas estreitamente relacionadas son as cistatinas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Stefan Offermanns; Walter Rosenthal (2008). Encyclopedia of Molecular Pharmacology. Springer. pp. 673–. ISBN 978-3-540-38916-3. Consultado o 11 de decembro de 2010.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Kininogens Medical Subject Headings (MeSH) na Biblioteca Nacional de Medicina dos EUA.
- O sistema formador de cininas en sav.sk
Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |